Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 165 Luns, 2 de setembro de 2019 Páx. 38461

II. Autoridades e persoal

b) Nomeamentos

Presidencia da Xunta de Galicia

DECRETO 98/2019, do 29 de agosto, polo que se nomea un membro da Xunta Electoral de Galicia.

O artigo 14, no seu punto 1, letras c) e d) da Lei 8/1985, do 13 de agosto, de eleccións ao Parlamento de Galicia, modificada pola Lei 15/1992, do 30 de decembro, establece que a Xunta Electoral de Galicia está composta, entre outros, por catro vogais maxistrados do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia e por catro vogais profesores en activo das facultades de Dereito, de Ciencias Políticas ou de Socioloxía das universidades de Galicia.

Mediante o Decreto 194/2017, do 10 de xaneiro, nomeáronse os membros da Xunta Electoral de Galicia.

O día 8 de xullo de 2019, Santiago Antonio Roura Gómez presentou a súa renuncia ao cargo de vogal ante a Xunta Electoral.

A Mesa do Parlamento de Galicia, mediante escrito dirixido a esta Presidencia, propón un novo vogal da dita xunta electoral, designado de conformidade co establecido no punto 2.b) do devandito artigo 14.

Polo exposto e en cumprimento do disposto no artigo 15.1 da Lei 8/1985, do 13 de agosto, de eleccións ao Parlamento de Galicia,

DISPOÑO:

Artigo único

Nomear, por proposta da Mesa do Parlamento de Galicia, vogal da Xunta Electoral de Galicia o profesor que a seguir se indica:

– Carlos Martínez-Buján Pérez.

Disposición derradeira

Este decreto entrará en vigor o mesmo día da súa publicación no Diario Oficial de Galicia.

Santiago de Compostela, vinte e nove de agosto de dous mil dezanove

Alberto Núñez Feijóo
Presidente