Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 166 Martes, 3 de setembro de 2019 Páx. 38660

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Sanidade

CÉDULA do 20 de agosto de 2019, da Secretaría Xeral Técnica da Consellería de Sanidade, pola que se notifica a resolución do procedemento de responsabilidade patrimonial no expediente DC-2015-00041, devolta polo servizo de Correos.

O 29 de maio de 2019, o conselleiro de Sanidade ditou resolución relativa á reclamación de responsabilidade patrimonial por danos derivados da asistencia sanitaria que formulou Luis Alfonso Campaña Coto.

De conformidade co disposto no artigo 44 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, notifícase a devandita resolución, que foi devolta polo servizo de Correos porque intentada a notificación, non se puido efectuar.

Así mesmo, e como queira que segundo o artigo 46 da devandita Lei 39/2015, do 1 de outubro, a publicación da resolución pode lesionar dereitos ou intereses lexítimos, esta cédula limitarase á publicación, como anexo, dunha somera indicación do contido do acto e do lugar onde o interesado poderá comparecer en prazo, para coñecemento do contido íntegro do devandito acto e constancia de tal coñecemento.

Lémbrase que a citada resolución pon fin á vía administrativa de acordo co disposto no artigo 114 da Lei 39/2015, do 1 de outubro. Contra ela poderá interpor recurso contencioso-administrativo de acordo co que establece o artigo 14.1, na súa regra segunda, da Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa. O prazo será de dous meses, contados desde o día seguinte ao da notificación, de conformidade co artigo 46 da referida Lei xurisdicional.

A eficacia desta notificación quedará supeditada á súa publicación no taboleiro de edictos único do Boletín Oficial del Estado (BOE).

Santiago de Compostela, 20 de agosto de 2019

Alberto Fuentes Losada
Secretario xeral técnico da Consellería de Sanidade

ANEXO

Nº expediente: DC-2015-00041.

Reclamante: Luis Alfonso Campaña Coto.

Último enderezo coñecido: rúa Fernando Macías, número 1, 1º esquerda, 15010 A Coruña.

Contido da notificación: resolución do conselleiro de Sanidade de data do 29.5.2019 relativa á reclamación de responsabilidade patrimonial por danos tras a desaparición dunha cantidade de cartos en ingreso hospitalario.

Lugar de comparecencia: Secretaría Xeral Técnica da Consellería de Sanidade, Edificio Administrativo de San Lázaro, 15703 Santiago de Compostela.

Prazo de comparecencia: 10 días.