Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 166 Martes, 3 de setembro de 2019 Páx. 38662

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería do Medio Rural

ANUNCIO do 16 de agosto de 2019, da Xefatura Territorial de Lugo, polo que se fai pública a Resolución do 6 de agosto de 2019 de autorización de cambio de actividade forestal a agrícola da parcela 145 do polígono 15 do termo municipal de Sarria (Lugo).

En cumprimento do establecido no artigo 48 da Lei 21/2013, do 9 de decembro, de avaliación ambiental, faise público que, de acordo co establecido no artigo 60.1.c) da Lei 7/2012, do 28 de xuño, de montes de Galicia, a Xefatura Territorial da Consellería do Medio Rural de Lugo autorizou, mediante a Resolución do 6 de agosto de 2019, o cambio de actividade forestal a agrícola da parcela 145 do polígono 15 do termo municipal de Sarria (Lugo).

O proxecto foi sometido previamente a avaliación ambiental simplificada e o informe de impacto ambiental foi formulado con data do 8 de xullo de 2019. Anuncio publicado no DOG número 138, do 22 de xullo.

Lugo, 16 de agosto de 2019

María Olga Iglesias Fontal
Xefa territorial de Lugo