Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 166 Martes, 3 de setembro de 2019 Páx. 38645

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Economía, Emprego e Industria

RESOLUCIÓN do 9 de xullo de 2019, da Xefatura Territorial de Pontevedra, pola que se fai pública a inscrición do acordo de modificación de estatutos sociais da entidade Transportes Transmarín, Sociedade Cooperativa Galega.

No artigo 74 da Lei 5/1998, do 18 de decembro, de cooperativas de Galicia, modificada pola Lei 14/2011, do 16 de decembro, e no Decreto 430/2001, do 18 de decembro, polo que se aproba o Regulamento do Rexistro de Cooperativas de Galicia, no artigo 53, establece a obrigatoriedade de publicar, no Diario Oficial de Galicia, a modificación do artigo 4 dos estatutos sociais (cambio domicilio social), da entidade Transportes Transmarín, S. Coop. Galega, acordada na reunión do Consello Reitor do 12 de abril de 2019, por unanimidade. Consta como novo domicilio social na avenida de Ourense, 44-45, Centro Comercial Morrazo, local-10, do concello de Marín, provincia de Pontevedra.

RESOLVO:

Dispoñer a publicación no Diario Oficial de Galicia, da modificación do artigo 4 dos estatutos (cambio domicilio social), da entidade Transportes Transmarín, S. Coop. Galega.

Vigo, 9 de xullo de 2019

Ignacio Rial Santomé
Xefe territorial de Pontevedra