Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 166 Martes, 3 de setembro de 2019 Páx. 38653

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Economía, Emprego e Industria

CÉDULA do 21 de agosto de 2019, da Xefatura Territorial de Pontevedra, pola que se notifican as resolucións dos expedientes sancionadores incoados por infracción administrativa na orde social RL 2019/0219-4 e outro máis.

Intentada a notificación persoal e devolta polo servizo de Correos ao resultar imposible a súa práctica, de conformidade co disposto no artigo 44 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, pola presente cédula notifícase ás empresas que se relacionan, as resolucións recaídas nos expedientes sancionadores correspondentes.

Dispoñen dun prazo de dez (10) días hábiles, contados desde o seguinte ao da publicación desta cédula no Boletín Oficial del Estado, para examinar as resolucións (que non poñen fin á vía administrativa) nas dependencias desta xefatura territorial, Servizo de Emprego e Economía Social, Sección de Sancións, sitas na rúa Concepción Arenal, 8, 2º andar, Vigo (Pontevedra), das 9.00 ás 14.00 horas, de luns a venres.

Fáiselles saber aos/ás interesados/as que poden formular recurso de alzada perante a Secretaría Xeral de Emprego, no prazo dun mes, contado desde o seguinte día ao da súa publicación, de acordo co previsto nos artigos 121 e 122 da Lei 39/2015, do 1 de outubro. Advírteselles que, de non interpoñelo no tempo e na forma que proceda, deberán aboar a multa imposta mediante a necesaria utilización do impreso que poderán solicitar na Xefatura Territorial da Consellería de Economía, Emprego e Industria, no número de conta e na entidade bancaria e prazo que nel se sinala, xa que noutro caso incoarase o procedemento pola vía de constrinximento ante a Consellería de Facenda correspondente.

Expediente: RL 2019/0219-4.

Acta: I362019000030361.

Empresa: Geconsa, entidade sen personalidade xurídica.

NIF/CIF: E-27493899.

Enderezo: avenida das Américas, 2, entr. B, Lugo.

Materia: relacións laborais.

Preceptos infrinxidos: artigos 4.2.f), 26, 29 e 30 do Estatuto dos traballadores e o artigo 11.1 do Real decreto 1109/2007, do 24 de agosto, polo que se desenvolve a Lei 32/2006, do 18 de outubro, reguladora da subcontratación no sector da construción.

Preceptos sancionadores: artigos 8.1 e 8.16 do Real decreto lexislativo 5/2000, do 4 de agosto, polo que se aproba o texto refundido da Lei sobre infraccións e sancións na orde social.

Data resolución: 16.7.2019.

Resolución: multa de 14.251 €.

Expediente: RL 2019/0220-4.

Acta: I362019000030462.

Empresa: Geconsa, entidade sen personalidade xurídica.

NIF/CIF: E-27493899.

Enderezo: avenida das Américas, 2, entr. B, Lugo.

Materia: obstrución.

Preceptos infrinxidos: artigos 13 e 18 da Lei 23/2015, do 21 de xullo, ordenadora do Sistema de Inspección de Traballo e Seguridade Social.

Preceptos sancionadores: artigos 50.2, 39.6 e 40 do Real decreto lexislativo 5/2000, do 4 de agosto, polo que se aproba o texto refundido da Lei sobre infraccións e sancións na orde social.

Data resolución: 16.7.2019.

Resolución: multa de 626 €.

Vigo, 21 de agosto de 2019

Ignacio Rial Santomé
Xefe territorial de Vigo