Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 167 Mércores, 4 de setembro de 2019 Páx. 38720

IV. Oposicións e concursos

Consellería de Facenda

RESOLUCIÓN do 29 de agosto de 2019, da Dirección Xeral da Función Pública, pola que se dá publicidade á modificación da Resolución do 21 de febreiro de 2019, pola que se aproban e se fan públicas as listaxes definitivas de persoas admitidas e excluídas do proceso selectivo para o ingreso no corpo facultativo superior da Administración especial da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia, subgrupo A1, escala de enxeñeiros, especialidade de enxeñaría de montes.

En virtude da Resolución do 21 de febreiro de 2019 (DOG núm. 43, do 1 de marzo) fixéronse públicas as listaxes definitivas de persoas admitidas e excluídas no proceso selectivo para o ingreso no corpo facultativo superior da Administración especial da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia, subgrupo A1, escala de enxeñeiros, especialidade de enxeñaría de montes, convocado pola Orde do 22 de maio de 2018 (DOG núm. 106, do 5 de xuño).

Posteriormente a persoa aspirante que a seguir se relaciona presentou a renuncia aos seus dereitos de participación no referido proceso selectivo.

Tendo en conta o disposto no artigo 94 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, esta dirección xeral

DISPÓN:

Primeiro. Excluír da relación definitiva de aspirantes admitidos ao proceso selectivo para o ingreso no corpo facultativo superior da Administración especial da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia, subgrupo A1, escala de enxeñeiros, especialidade de enxeñaría de montes, a seguinte persoa aspirante:

DNI

Apelidos e nome

***9640**

Rodríguez Rigueiro, Francisco Javier

Segundo. Incluír a devandita persoa aspirante na relación definitiva de aspirantes excluídos no proceso selectivo para o ingreso no corpo facultativo superior da Administración especial da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia, subgrupo A1, escala de enxeñeiros, especialidade de enxeñaría de montes, polo motivo 43 (desistencia da solicitude).

Terceiro. Contra esta resolución poderase interpoñer recurso potestativo de reposición ante o conselleiro de Facenda, no prazo dun mes, contado desde o día seguinte ao da súa publicación no Diario Oficial de Galicia, de conformidade co establecido na Lei 39/2015, do 1 de outubro, ou poderase interpoñer directamente recurso contencioso-administrativo ante a Sala do Contencioso-Administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia no prazo de dous meses, contados desde a mesma data, de conformidade co disposto no artigo 8.2 da Lei 29/1998, do 13 de xullo, en relación co artigo 10.1 do mesmo texto legal.

Santiago de Compostela, 29 de agosto de 2019

José María Barreiro Díaz
Director xeral da Función Pública