Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 169 Venres, 6 de setembro de 2019 Páx. 39028

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Sanidade

CÉDULA do 22 de agosto de 2019, da Xefatura Territorial de Pontevedra, pola que se notifica a resolución do expediente sancionador 2019321AL-PO, por infracción en materia sanitaria.

O 5 de agosto de 2019 a xefa territorial de Pontevedra ditou a resolución do expediente sancionador núm. 2019321AL-PO, incoado á persoa titular do DNI 36101978M.

Tras intentar a notificación desta resolución consonte o artigo 40 e seguintes da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, non puido practicarse, polo que, mediante esta cédula, se notifica á persoa titular do DNI 36101978M o contido da dita resolución, que figura no anexo, segundo o disposto no artigo 44 da dita lei, para o seu coñecemento.

No caso de estar conforme con esta resolución, deberá facer efectiva a multa no seguinte prazo:

1. Se a publicación se realiza entre os días 1 e 15 do mes, desde a data da publicación ata o día 20 do mes posterior ou, se este non for hábil, ata o inmediato hábil seguinte.

2. Se a publicación se realiza entre os días 16 e último do mes, desde a data da publicación ata o día 5 do segundo mes posterior ou, se este non for hábil, ata o inmediato hábil seguinte.

Para isto deberá empregar os impresos normalizados que lle serán facilitados nas dependencias desta xefatura territorial. O pagamento voluntario porá fin ao expediente. De non facelo así, procederase ao seu cobramento pola vía de constrinximento.

Contra a presente resolución, que non pon fin á vía administrativa, poderá interpoñer recurso de alzada ante o conselleiro de Sanidade, Edificio Administrativo San Lázaro, en Santiago de Compostela, no prazo dun mes contado desde o día seguinte ao da publicación desta resolución, de conformidade co establecido no artigo 122 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas.

Esta cédula expídese para que conste e sirva de notificación a persoa interesada, en cumprimento do disposto no artigo 44 da Lei 39/2015, do 1 de outubro. Así mesmo, faise constar que a eficacia da notificación quedará supeditada á súa publicación no TEU do BOE.

Pontevedra, 22 de agosto de 2019

Ángeles Feijoo-Montenegro Fernández
Xefa territorial de Pontevedra

ANEXO

Número de expediente: 2019321AL-PO.

DNI da persoa denunciada: 36101978M.

Feito imputado: infracción do previsto no Regulamento (CE) 852/2004, do 29 de abril, relativo á hixiene dos produtos alimenticios.

Preceptos infrinxidos:

Artigo 3: «Obrigas xerais dos operadores de empresa alimentaria. Os operadores de empresa alimentaria cercioraranse de que en todas as etapas da produción, a transformación e a distribución de alimentos baixo o seu control se cumpren os requisitos de hixiene pertinentes recollidos no presente regulamento».

Artigo 5. Sobre o sistema de análises de perigos e puntos de control crítico.

Tipificación: unha infracción administrativa tipificada como leve no artigo 51.1, parágrafo 10, da Lei 17/2011, do 5 de xullo, de seguridade alimentaria.

Sanción proposta: oitocentos euros (800 €).