Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 169 Venres, 6 de setembro de 2019 Páx. 39030

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería do Mar

ANUNCIO do 27 de agosto de 2019, da Xefatura Territorial da Coruña, polo que se notifica o inicio do expediente PSC-FE-0136/2019-ADV e sete máis.

De conformidade co disposto nos artigos 44 e 46 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas (BOE núm. 236, do 2 de outubro), logo de ser intentada sen éxito a notificación persoal a través do servizo de Correos, notifícase ás persoas interesadas que se sinalan no anexo deste anuncio, o inicio do expediente PSC-FE-0136/2019-ADV e sete máis.

A eficacia do acto queda supeditada á súa publicación no taboleiro de edictos único do Boletín Oficial del Estado (TEU do BOE), polo que o prazo para presentar alegacións se computará desde esa publicación.

As persoas interesadas poderán comparecer nas oficinas da sede da Xefatura Territorial da Consellería do Mar, sitas na avenida Gerardo Harguindey Banet, 2, Viveiro, das 9.00 ás 14.00 horas, de luns a venres, para o coñecemento íntegro do acordo de inicio e constancia de tal coñecemento.

O procedemento desenvolverase de conformidade co principio de acceso permanente. Para estes efectos, en calquera momento do procedemento, as persoas interesadas teñen dereito a coñecer o seu estado de tramitación e a acceder e obter copias dos documentos contidos nel, de acordo co artigo 53.1.a) da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas.

Sen prexuízo do anterior, as persoas interesadas dispoñen dun prazo de quince (15) días para presentar cantas alegacións, documentos ou informacións consideren pertinentes e, se é o caso, propoñer proba concretando os medios de que pretendan valerse, segundo o disposto no artigo 64.2.f) da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas.

De non efectuar alegacións sobre o contido da iniciación do procedemento no prazo anteriormente citado, a iniciación poderá ser considerada proposta de resolución, cos efectos previstos para esta no artigo 89.2 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, de conformidade co disposto no artigo 64.2.f) citado.

A Coruña, 27 de agosto de 2019

Juan Carlos Barreiro González
Xefe territorial da Coruña

ANEXO

Nº de expediente

DNI/NIF/NIE

Acto que se notifica

Enderezo

PSC-FE-0136/2019-ADV

32615647Z

Inicio

Estrada de Castelo, 79, 2º, Narón

PSC-FE-0139/2019-PRE

32411484E

Inicio

Rúa Ramón y Cajal, 23, 1º, Oleiros

PSC-FE-0140/2019-ORS

79346115W

Inicio

Estrada do Peirao 2, Maniños, Fene

PSC-FE-0145/2019-PPM

32681355B

Inicio

Lugar Pazos, 48 C, Serantes, Ferrol

PSC-FE-0147/2019-PPM

32659499M

Inicio

Rúa do Prado, 24 A, 4º I, Ferrol

PSC-FE-0149/2019-ORS

32715364A

Inicio

Rúa Portanova, 14, 5º, Ferrol

PSC-FE-0150/2019-PPM

32664845S

Inicio

Avenida de Galicia, 21, 4º D, Mugardos

PSC-FE-0154/2019-PPM

32700151Q

Inicio

Rúa Alfonso X El Sabio, 12, 3º B, Narón