Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 169 Venres, 6 de setembro de 2019 Páx. 39032

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Academia Galega de Seguridade Pública

ANUNCIO do 26 de agosto de 2019 polo que se notifica á persoa interesada o requirimento de documentación en relación ao procedemento de inscrición no Rexistro Profesional de Socorristas Acuáticos de Galicia.

A Academia Galega de Seguridade Pública remitiu escrito de requirimento de documentación relativo ao procedemento de inscrición no Rexistro Profesional de Socorristas Acuáticos de Galicia, regulado polo Decreto 104/2012, do 16 de marzo, polo que se fixa a formación mínima dos socorristas acuáticos e se crea e regula o Rexistro Profesional de Socorristas Acuáticos de Galicia, modificado polo Decreto 35/2017, do 30 de marzo, da persoa interesada que se indica no anexo.

Intentada por dúas veces a notificación do citado requirimento a través do servizo de Correos no domicilio indicado pola persoa interesada para os efectos de notificación, esta non se puido practicar e foi devolta polo dito servizo.

Polo exposto, esta dirección xeral, en cumprimento do disposto no artigo 44 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, en virtude do presente anuncio, notifica á persoa interesada que se indica no anexo o requirimento antes citado.

A persoa interesada pode recoller o requirimento mediante comparecencia nas dependencias da Academia Galega de Seguridade Pública (rúa da Cultura, s/n, A Estrada, Pontevedra), das 9.00 ás 14.00 horas, no prazo de dez (10) días contados a partir do seguinte ao da publicación deste anuncio no Boletín Oficial del Estado.

Así mesmo, infórmase á persoa interesada que, de conformidade co artigo 68.1 da citada lei, transcorrido o dito prazo sen que compareza, teráse por desistida da súa petición, logo de resolución ditada nos termos previstos no artigo 21.

Contra a referida resolución, que non pon fin á vía administrativa, poderá interpoñer a persoa interesada, no prazo dun mes contado a partir do día seguinte ao da súa comparecencia para recoller a resolución, ou ao do transcurso do prazo previsto nos parágrafos anteriores sen que a persoa interesada compareza, un recurso de alzada ante o vicepresidente e conselleiro de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza conforme as previsións da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas.

A Estrada, 26 de agosto de 2019

Santiago Villanueva Álvarez
Director xeral da Academia Galega de Seguridade Pública

ANEXO

Solicitante: Pablo Martínez Carmena.

Acto notificado: requirimento de documentación relativo ao procedemento de inscrición no Rexistro Profesional de Socorristas Acuáticos de Galicia.