Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 169 Venres, 6 de setembro de 2019 Páx. 38986

III. Outras disposicións

Academia Galega de Seguridade Pública

RESOLUCIÓN do 30 de agosto de 2019 pola que se convocan cursos descentralizados de primeira intervención policial en violencia de xénero para o persoal dos corpos da policía local dos concellos de Galicia e o seu persoal que realice funcións relacionadas cos contidos dos cursos.

A Academia Galega de Seguridade Pública en colaboración coa Secretaría Xeral da Igualdade anuncia a convocatoria de 60 cursos descentralizados sobre primeira intervención policial en violencia de xénero, de acordo coas seguintes bases:

1. Datos da actividade:

Denominación: primeira intervención policial en violencia de xénero.

Tipo: cursos descentralizados.

Edicións: 60.

Horas lectivas: 12.

Modalidade: presencial.

Obxectivos:

– Adquirir coñecementos básicos sobre o tratamento policial das vítimas de violencia de xénero.

– Adquirir novos coñecementos sobre os protocolos de actuación policiais en materia de violencia de xénero.

– Reforzar a formación en materia de violencia de xénero dos efectivos policiais de todos os corpos de policías locais de Galicia.

Contidos:

Módulo I. Perspectiva de xénero.

Módulo II. Os delitos en violencia de xénero.

Módulo III. Atención psicolóxica á vítima de violencia de xénero.

Módulo IV. Intervención policial en violencia de xénero.

2. Desenvolvemento da convocatoria:

Destinatarios/as:

Persoal dos corpos da policía local dos concellos de Galicia e o seu persoal que realice funcións relacionadas cos contidos dos cursos.

Prazas ofertadas:

25 por edición.

Lugares de impartición: na relación de cursos publicada como anexo a esta resolución figura o concello en que se impartirá a actividade e no momento de facer a selección informarase nas xefaturas das policías locais.

3. Solicitudes de participación:

a) O persoal que desexe participar nestes cursos poderá facer a preinscrición a través do proceso de matrícula telemática na páxina web da Agasp http://agasp.xunta.es.

b) Prazo para a presentación de solicitudes: o prazo de inscrición e presentación de solicitudes de participación rematará ás 12.00 horas do día anterior ao inicio de cada actividade.

c) En caso de dúbida, dificultades técnicas ou necesidade de máis información poderán dirixirse á Agasp a través do número de teléfono 886 20 61 10, do fax 886 20 61 22 ou enderezo de correo electrónico formacion.agasp@xunta.es, que adoptará as medidas necesarias para facilitar a presentación de solicitudes.

Criterios de selección:

Exclusivamente por orde de inscrición.

Listaxe de solicitudes seleccionadas:

O día anterior ao inicio de cada curso a Academia Galega de Seguridade Pública publicará, una vez pechado o prazo de admisión de solicitudes, no sitio web http://agasp.xunta.es, as solicitudes de participación que resultasen seleccionadas segundo os criterios de selección mencionados anteriormente.

5. Certificado de asistencia:

Entregarase un certificado de asistencia a todas aquelas persoas que acrediten á súa asistencia continuada aos cursos.

6. Dereitos e deberes do alumnado participante:

Durante o desenvolvemento da actividade ao alumnado seralle de aplicación, en canto aos dereitos e deberes, o previsto no Regulamento de réxime interior da Agasp, aprobado pola Orde da Consellería de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza, do 4 de febreiro de 2009 (DOG núm. 30, do 12 de febreiro).

7. Modificacións e incidencias:

A Academia Galega de Seguridade Pública poderá modificar o desenvolvemento normal da actividade para adaptala ás necesidades da Administración e ás continxencias que poidan xurdir.

A Agasp tamén poderá suprimir o curso, ampliar novas edicións del ou suspendelo temporalmente, cando así veña exixido por circunstancias que afecten a súa organización, realización ou docencia.

A Estrada, 30 de agosto de 2019

Santiago Villanueva Álvarez
Director xeral da Academia Galega de Seguridade Pública

ANEXO

Código

Nome do curso

Data de comezo

Data de remate

Nº de horas

Nº de prazas

191200

Primeira intervención policial en violencia de xénero (Marín)

11.9.2019

12.9.2019

12

25

191201

Primeira intervención policial en violencia de xénero (1ª edición Pontevedra)

18.9.2019

19.9.2019

12

25

191202

Primeira intervención policial en violencia de xénero (2ª edición Pontevedra)

25.9.2019

26.9.2019

12

25

191203

Primeira intervención policial en violencia de xénero (3ª edición Pontevedra)

2.10.2019

3.10.2019

12

25

191204

Primeira intervención policial en violencia de xénero (Cambados)

16.10.2019

17.10.2019

12

25

191205

Primeira intervención policial en violencia de xénero (Sanxenxo)

23.10.2019

24.10.2019

12

25

191206

Primeira intervención policial en violencia de xénero (Moaña)

28.10.2019

29.10.2019

12

25

191207

Primeira intervención policial en violencia de xénero (Vilagarcía de Arousa)

30.10.2019

31.10.2019

12

25

191208

Primeira intervención policial en violencia de xénero (Padrón)

6.11.2019

7.11.2019

12

25

191209

Primeira intervención policial en violencia de xénero (1ª edición Santiago de Compostela)

13.11.2019

14.11.2019

12

25

191210

Primeira intervención policial en violencia de xénero (2ª edición Santiago de Compostela)

20.11.2019

21.11.2019

12

25

191211

Primeira intervención policial en violencia de xénero (3ª edición Santiago de Compostela)

27.11.2019

28.11.2019

12

25

191212

Primeira intervención policial en violencia de xénero (A Estrada)

2.12.2019

3.12.2019

12

25

191213

Primeira intervención policial en violencia de xénero (1ª edición Ourense)

1.10.2019

2.10.2019

12

25

191214

Primeira intervención policial en violencia de xénero (2ª edición Ourense)

8.10.2019

9.10.2019

12

25

191215

Primeira intervención policial en violencia de xénero (3ª edición Ourense)

15.10.2019

16.10.2019

12

25

191216

Primeira intervención policial en violencia de xénero (O Barco de Valdeorras)

22.10.2019

23.10.2019

12

25

191217

Primeira intervención policial en violencia de xénero (Xinzo de Limia)

29.10.2019

30.10.2019

12

25

191218

Primeira intervención policial en violencia de xénero (O Carballiño)

5.11.2019

6.11.2019

12

25

191219

Primeira intervención policial en violencia de xénero (Lalín)

12.11.2019

13.11.2019

12

25

191220

Primeira intervención policial en violencia de xénero (1ª edición Lugo)

17.9.2019

18.9.2019

12

25

191221

Primeira intervención policial en violencia de xénero (2ª edición Lugo)

24.9.2019

25.9.2019

12

25

191222

Primeira intervención policial en violencia de xénero (3ª edición Lugo)

15.10.2019

16.10.2019

12

25

191223

Primeira intervención policial en violencia de xénero (1ª edición Foz)

22.10.2019

23.10.2019

12

25

191224

Primeira intervención policial en violencia de xénero (2ª edición Foz)

29.10.2019

30.10.2019

12

25

191225

Primeira intervención policial en violencia de xénero (Sarria)

5.11.2019

6.11.2019

12

25

191226

Primeira intervención policial en violencia de xénero (As Pontes de García Rodríguez)

12.11.2019

13.11.2019

12

25

191227

Primeira intervención policial en violencia de xénero (1ª edición Ferrol)

16.9.2019

17.9.2019

12

25

191228

Primeira intervención policial en violencia de xénero (2ª edición Ferrol)

23.9.2019

24.9.2019

12

25

191229

Primeira intervención policial en violencia de xénero (1ª edición A Coruña)

30.9.2019

1.10.2019

12

25

191230

Primeira intervención policial en violencia de xénero (2ª edición A Coruña)

7.10.2019

8.10.2019

12

25

191231

Primeira intervención policial en violencia de xénero (3ª edición A Coruña)

14.10.2019

15.10.2019

12

25

191232

Primeira intervención policial en violencia de xénero (Fene)

21.10.2019

22.10.2019

12

25

191233

Primeira intervención policial en violencia de xénero (Oleiros)

28.10.2019

29.10.2019

12

25

191234

Primeira intervención policial en violencia de xénero (Culleredo)

4.11.2019

5.11.2019

12

25

191235

Primeira intervención policial en violencia de xénero (Carballo)

11.11.2019

12.11.2019

12

25

191236

Primeira intervención policial en violencia de xénero (Noia)

18.11.2019

19.11.2019

12

25

191237

Primeira intervención policial en violencia de xénero (Ribeira)

25.11.2019

26.11.2019

12

25

191238

Primeira intervención policial en violencia de xénero (3ª edición Ferrol)

18.9.2019

19.9.2019

12

25

191239

Primeira intervención policial en violencia de xénero (Narón)

25.9.2019

26.9.2019

12

25

191240

Primeira intervención policial en violencia de xénero (4ª edición A Coruña)

2.10.2019

3.10.2019

12

25

191241

Primeira intervención policial en violencia de xénero (5ª edición A Coruña)

9.10.2019

10.10.2019

12

25

191242

Primeira intervención policial en violencia de xénero (6ª edición A Coruña)

16.10.2019

17.10.2019

12

25

191243

Primeira intervención policial en violencia de xénero (Betanzos)

23.10.2019

24.10.2019

12

25

191244

Primeira intervención policial en violencia de xénero (Arteixo)

30.10.2019

31.10.2019

12

25

191245

Primeira intervención policial en violencia de xénero (Cambre)

6.11.2019

7.11.2019

12

25

191246

Primeira intervención policial en violencia de xénero (Vimianzo)

13.11.2019

14.11.2019

12

25

191247

Primeira intervención policial en violencia de xénero (Ordes)

19.11.2019

20.11.2019

12

25

191248

Primeira intervención policial en violencia de xénero (Boiro)

27.11.2019

28.11.2019

12

25

191249

Primeira intervención policial en violencia de xénero (Redondela)

16.9.2019

17.9.2019

12

25

191250

Primeira intervención policial en violencia de xénero (1ª edición Vigo)

23.9.2019

24.9.2019

12

25

191251

Primeira intervención policial en violencia de xénero (2ª edición Vigo)

30.9.2019

1.10.2019

12

25

191252

Primeira intervención policial en violencia de xénero (3ª edición Vigo)

7.10.2019

8.10.2019

12

25

191253

Primeira intervención policial en violencia de xénero (4ª edición Vigo)

9.10.2019

10.10.2019

12

25

191254

Primeira intervención policial en violencia de xénero (5ª edición Vigo)

14.10.2019

15.10.2019

12

25

191255

Primeira intervención policial en violencia de xénero (6ª edición Vigo)

21.10.2019

22.10.2019

12

25

191256

Primeira intervención policial en violencia de xénero (Nigrán)

4.11.2019

5.11.2019

12

25

191257

Primeira intervención policial en violencia de xénero (Tui)

11.11.2019

12.11.2019

12

25

191258

Primeira intervención policial en violencia de xénero (Ponteareas)

18.11.2019

19.11.2019

12

25

191259

Primeira intervención policial en violencia de xénero (O Porriño)

25.11.2019

26.11.2019

12

25