A Consellería de Política Social convocou para os anos 2019 e 2020, a través da Orde do 3 de xuño de 2019 (DOG nº 111, do 13 de xuño), axudas para a realización de proxectos de asesoramento e formación de persoas con discapacidade para a promoción da igualdade de oportunidades proporcionando apoio a necesidades educativas especiais derivadas da discapacidade que faciliten a plena integración nos sistemas de educación ou formación, así como a adquisición de formación prelaboral e de habilidades para o desenvolvemento de actividades da vida cotiá que permitan unha preparación para unha futura inserción sociolaboral.
A partida orzamentaria con cargo á cal se financian estas axudas ten un cofinanciamento do 80 % do Fondo Social Europeo no marco do programa operativo 2014-2020.
O prazo e a forma de presentación de solicitudes están regulados no artigo 8 da Orde do 3 de xuño de 2019, e no artigo 9 determínase a documentación que se deberá xuntar coa solicitude.
Unha vez revisadas as solicitudes presentadas ao abeiro da dita orde de convocatoria polo órgano encargado da instrución do procedemento, identificáronse aquelas que non reúnen a documentación necesaria, ben por non tela presentado, ben por conter erros, ou ben por non ser suficiente para a determinación do cumprimento dos requisitos exixidos para a súa posterior remisión á comisión encargada da súa valoración.
Segundo establece o artigo 14 da Orde do 3 de xuño de 2019 e de conformidade co previsto no artigo 68 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, se a solicitude non reúne algún dos requisitos exixidos nas bases reguladoras o órgano responsable da tramitación do expediente requirirá a entidade solicitante para que, no prazo de dez (10) días hábiles, emende a falta ou achegue os documentos preceptivos, coa advertencia de que, de non o facer, se considerará que desistiu da súa petición, logo de que se dite resolución nos termos previstos no artigo 21 da Lei 39/2015, do 1 de outubro.
Así mesmo, por tratarse dun procedemento de concorrencia competitiva e consonte o indicado no artigo 45 da citada Lei 39/2015, do 1 de outubro, tal como sinala o artigo 13 da Orde do 3 de xuño de 2019, os actos administrativos e as correspondentes resolucións deste procedemento publicaranse no Diario Oficial de Galicia, a cal producirá os efectos da notificación.
De acordo co establecido no artigo 14.6 da Orde do 3 de xuño de 2019, todos os trámites administrativos que as persoas interesadas deban realizar durante a tramitación deste procedemento, con posterioridade á presentación da solicitude, deberán ser realizados electronicamente accedendo á carpeta do cidadán da persoa interesada, dispoñible na sede electrónica da Xunta de Galicia.
Polo exposto,
RESOLVO:
Primeiro. Ordenar a publicación no Diario Oficial de Galicia da relación de solicitudes que non están debidamente cubertas e/ou non achegan a documentación preceptiva exixida segundo o establecido nas bases reguladoras. Esta relación figura como anexo desta resolución.
Segundo. Facer indicación expresa a todas as entidades solicitantes recollidas no anexo de que son requiridas para que, no prazo máximo de dez (10) días hábiles contados a partir do día seguinte ao da publicación desta resolución no Diario Oficial de Galicia, emenden a falta ou acheguen os documentos preceptivos a través da sede electrónica da Xunta de Galicia. De non o facer, teranse por desistidas da súa petición, logo de resolución, que será ditada nos termos previstos do artigo 21 da Lei 39/2015, do 1 de outubro.
Terceiro. En caso de dúbida, dificultades técnicas o necesidade de máis información durante o proceso de emenda de documentación das solicitudes, poderán dirixirse á Subdirección Xeral de Recursos Económicos a través da conta de correo xestión.politicasocial@xunta.gal
Santiago de Compostela, 29 de agosto de 2019
Ildefonso de la Campa Montenegro
Director xeral de Maiores e Persoas con Discapacidade
ANEXO
Nº de expediente |
Solicitante |
CIF |
Documentación requirida |
04-0001 |
Feafes |
G15545353 |
Anexo III. |
04-0003 |
Cogami |
G32115941 |
Xustificación da actividade subcontratada. Cronograma. Anexo III: deseño do itinerario proposto. |
04-0004 |
Cogami |
G32115941 |
Non congruencia entre o anexo III e a certificación de persoal presentada para a persoa profesional número 10. Cronograma. Anexo III: deseño do itinerario proposto. |
04-0006 |
Agrupación Down Galicia: Oposicións |
G15665144 |
Anexo III. Certificados de persoal das persoas profesionais números 3, 5 e 8. |
04-0007 |
Agrupación Down Galicia: Alfabetización |
G15665144 |
Anexo III. Certificados de persoal das persoas profesionais números 3 e 4. |
04-0008 |
Agrupación Down Galicia: Cognitivo |
G15665144 |
Anexo III. Certificados de persoal das persoas profesionais números 3, 6 e 8. |
04-0009 |
Agrupación Down Galicia: Hostalería |
G15665144 |
Anexo III. |
04-0010 |
Agrupación Down Galicia: Persoal Servizos Xerais |
G15665144 |
Anexo III. |
04-0013 |
Agrupación Fademga Ado |
G36620037 |
Memoria do proxecto. |
04-0014 |
ASCM |
G15161573 |
Anexo III. Non presentan as certificacións de persoal da persoa titulada medio e da titulada FPII. Certificación persoal da persoa profesional número 1. Cronograma. |
04-0015 |
Agrupación Fademga Bata |
G36620037 |
Anexo I incompleto (punto 4.12). Anexo III, punto 1.2, non figura a titulación do persoal de nova contratación. No cronograma non se corresponden o total de horas co número de días e horario diario de desenvolvemento das accións. Explicación horas de acompañamento. |
04-0016 |
Amicos |
G70169610 |
Anexo III: deseño do itinerario proposto. |
04-0017 |
Habilitas |
G70391537 |
Anexo I incompleto (punto 4.12). Anexo III. Certificado de persoal cuberto incorrectamente. |
04-0018 |
Andaina |
G36289064 |
Anexo III. Non coincide a denominación do proxecto que consta no anexo III coa que consta nas certificacións de persoal. Certificación de persoal da persoa profesional número 2. |
04-0019 |
Ardai |
G32456097 |
Anexo III: non se corresponden os importes solicitados co produto das horas declaradas e os módulos retributivos de aplicación establecidos na convocatoria. Certificacións de persoal actualizadas. Cronograma. Memoria: participantes beneficiarios. |
04-0020 |
Limisi |
G32302671 |
Certificación de persoal da persoa profesional número 3. No cronograma non se corresponden o total de horas co número de días e horario diario de desenvolvemento das accións. Anexo III. |
04-0021 |
Itinera |
G15983570 |
Anexo III: deseño do itinerario proposto. Certificación de persoal da persoa profesional número 2. Non existe unha correspondencia entre as horas declaradas no anexo III e as horas declaradas nas certificacións de persoal presentadas. |
04-0022 |
Acoprós |
G15048762 |
Non existe unha correspondencia entre as horas declaradas no anexo III e as horas declaradas na certificación de persoal presentada. Anexo III. Identificación das accións que compoñen o proxecto dentro dos 7 tipos de accións formativas do artigo 4.2 da orde de convocatoria. |
04-0023 |
Integra |
G36880615 |
Anexo III: deseño do itinerario proposto. Certificacións de persoal asinadas. Cálculos no número 2 do anexo III. |
04-0024 |
Integra |
G36880615 |
Anexo III: deseño do itinerario proposto. Certificacións de persoal asinadas. Anexo III. No cronograma non se corresponden o total de horas co número de días e horario diario de desenvolvemento das accións. |
04-0025 |
Itinera |
G15983570 |
Non existe unha correspondencia entre as horas declaradas no anexo III e as horas declaradas na certificación de persoal presentada. Cronograma Anexo III: deseño do itinerario proposto. |
04-0026 |
Itinera |
G15983570 |
Anexo III: datas de realización e deseño de itinerario proposto. Cronograma. Certificacións persoal. |
04-0027 |
Xaruma |
G27746486 |
Certificación de persoal das persoas de nova contratación. Discrepancia entre o número 6 do anexo III e a certificación de persoal presentada. |
04-0028 |
Habilitas |
G70391537 |
Anexo III. Certificado de persoal. O sumatorio de horas dos certificados de persoal non coincide co número de horas do cronograma. No cronograma non se corresponden o total de horas co número de días e horario diario de desenvolvemento das accións. |