Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 170 Luns, 9 de setembro de 2019 Páx. 39054

III. Outras disposicións

Vicepresidencia e Consellería de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza

RESOLUCIÓN do 2 de setembro de 2019, da Secretaría Xeral para o Deporte, pola que se fan públicas as bolsas concedidas ao abeiro da Resolución do 22 de maio de 2019 pola que se establecen as bases reguladoras para a concesión de bolsas, en réxime de concorrencia competitiva, para persoas colaboradoras na residencia do Centro Galego de Tecnificación Deportiva para o curso 2019/20, e pola que se procede á súa convocatoria (código de procedemento DE400A).

No Diario Oficial de Galicia nº 104, do 4 de xuño, publícase a Resolución do 22 de maio de 2019 pola que se establecen as bases reguladoras para a concesión de bolsas, en réxime de concorrencia competitiva, para persoas colaboradoras na residencia do Centro Galego de Tecnificación Deportiva para o curso 2019/20, e pola que se procede a súa convocatoria (código de procedemento DE400A), establecéndose no seu artigo 5 un prazo límite de presentación das solicitudes dun mes desde o día seguinte ao da publicación.

Rematado o prazo de solicitudes, publícase na páxina web da Secretaría Xeral para o Deporte deporte.xunta.gal, a listaxe provisional de avalición de solicitudes admitidas, excluídas e pendentes de emenda, presentadas ao abeiro da mencionada resolución de convocatoria o día 8 de agosto de 2019, establecendo un prazo de dez días para a formulación de alegacións.

Rematado o prazo de alegacións e modificadas, de ser o caso, as puntuacións dos solicitantes, a comisión de selección formula a proposta de resolución definitiva.

Acreditadas as actuacións levadas a cabo pola comisión de selección á que se refire o artigo 12 da Resolución do 22 de maio de 2019, da Secretaría Xeral para o Deporte, pola que se establecen as bases reguladoras para a concesión de bolsas, en réxime de concorrencia competitiva, para persoas colaboradoras na residencia do Centro Galego de Tecnificación Deportiva para o curso 2019/20, e pola que se procede á súa convocatoria (código de procedemento DE400A), e as propostas formuladas por esta, logo do estudo detallado das solicitudes formuladas comprobando a concorrencia dos requisitos requiridos, tal e como queda documentado na acta redactada con ocasión da sesión de traballo levada a cabo o 29 de agosto de 2019, e vista a proposta formulada pola citada comisión de selección e, unha vez examinadas as alegacións presentadas, e en virtude das atribucións que me foron conferidas,

RESOLVO:

Primeiro. Outorgar as bolsas para persoas colaboradoras no Centro Galego de Tecnificación Deportiva, sito en Pontevedra, que se recollen no anexo I desta resolución, ordenadas por puntuación, unha vez aplicados os criterios establecidos nos artigos 3 e 9 das bases reguladoras do procedemento.

Segundo. Denegar o outorgamento das bolsas solicitadas, ordenadas por puntuación, por non obter a condición de beneficiario con base no establecido nos artigos 3 e 9 das bases reguladoras do procedemento.

Terceiro. Estas listaxes expoñeranse tamén nos taboleiros de anuncios da Secretaría Xeral para o Deporte, así como na páxina web http://deporte.xunta.gal/.

Cuarto. Esta resolución esgota a vía administrativa e contra ela pode interpoñerse un recurso potestativo de reposición perante a persoa titular da Secretaría Xeral para o Deporte, no prazo dun mes contado a partir do día seguinte ao da súa publicación no Diario Oficial de Galicia, segundo o disposto nos artigos 123 e 125 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, ou ben, un recurso contencioso-administrativo perante o Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, no prazo de dous meses contados a partir do día seguinte ao da súa publicación, segundo dispoñen os artigos 10 e 46 da Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdicción contencioso-administrativa.

Santiago de Compostela, 2 de setembro de 2019

José Ramón Lete Lasa
Secretario xeral para o Deporte

ANEXO I

Listaxe de bolseiros colaboradores no Centro Galego de Tecnificación Deportiva (Pontevedra)

PERSOAS SOLICITANTES BENEFICIARIAS

ESTUDANTE CCAFD/UNIV/CFS

PTOS.

PROXECTO ACTIVIDADES

PTOS.

DGAN/DAN/DAR/CGTD

PTOS.

TITULO CCAFD/MAXISTERIO/TEC. DEPORTIVO

PTOS.

INFORME DIRECCIÓN

PTOS.

TOTAL PUNTOS

SANTOS VEIGA, XAVIER

CFS

2

2

2

DGAN/DAR

5

TEC. DEPORTIVO

1

 

 

10

GÓMEZ MESÍAS, ALBA

UNIVERSITARIOS

3

2

2

DGAN

4

 

0

 

 

9

GARCÍA VIDAL, MIRYAN

UNIVERSITARIOS

3

2

2

DGAN

4

 

0

 

 

9

MULLONI MARTÍNEZ, SAMANTHA

UNIVERSITARIOS

3

2

2

 

 

 

0

3

3

8

ANDRADE BUDIÑO, ALFONSO

UNIVERSITARIOS

3

2

2

 

 

 

0

3

3

8

REY LÓPEZ, MARIO

UNIVERSITARIOS

3

2

2

CGTD/DAR

3

 

0

 

 

8

ANEXO II

Listaxe de solicitudes denegadas

PERSOAS SOLICITANTES BENEFICIARIAS

ESTUDANTE CCAFD/UNIV/CFS

PTOS.

PROXECTO ACTIVIDADES

PTOS.

DGAN/DAN/DAR/CGTD

PTOS.

TITULO CCAFD/MAXISTERIO/ TEC. DEPORTIVO

PTOS.

INFORME DIRECCIÓN

PTOS.

TOTAL PUNTOS

CASTRO PEREIRA, BRAIS

UNIVERSITARIOS

3

 

 

CGTD

2

TEC. DEPORTIVO

1

 

 

6

MARTÍNEZ CASTILLO, JUNIOR LUCIANO

CFS

2

 

 

CGTD

2

 

0

 

 

4