Por Orde da Consellería de Facenda do 1 de marzo de 2018 (DOG núm. 47, do 7 de marzo) convocouse o proceso selectivo para o ingreso no corpo superior da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia, subgrupo A1, escala de sistemas e tecnoloxía da información.
Por Orde da Consellería de Facenda do 12 de xullo de 2019 (DOG núm. 137, do 19 de xullo) procedeuse ao nomeamento do tribunal encargado de cualificar o proceso selectivo.
Por circunstancias sobrevidas procédese á modificación da composición do dito tribunal cualificador, polo que esta consellería
DISPÓN:
Primeiro. Aceptar a renuncia de Luis Fernando Núñez Alonso como presidente titular do dito tribunal e nomear no seu lugar a Juan Morillo Fernández, persoal funcionario do corpo de profesores de ensino secundario, que figuraba como vogal titular.
Segundo. Aceptar a renuncia de Cristóbal Varela Artime como vogal titular do dito tribunal e nomear no seu lugar a Ignacio Cid Gómez, persoal funcionario da escala de informática do Parlamento de Galicia, grupo A, que figuraba como vogal suplente.
Terceiro. Nomear como vogal titular a Mercedes Cardelle Espasandín, persoal funcionario do corpo superior da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia, subgrupo A1.
Cuarto. Nomear como vogal suplente a Pedro Vila López, persoal funcionario da escala de informática do Parlamento de Galicia, grupo A.
Santiago de Compostela, 6 de setembro de 2019
Valeriano Martínez García
Conselleiro de Facenda