Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 171 Martes, 10 de setembro de 2019 Páx. 39741

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda

ANUNCIO do 13 de agosto de 2019, da Dirección Xeral de Calidade Ambiental e Cambio Climático, polo que se dá publicidade da resolución da autorización ambiental integrada para a planta de Mos de Benteler Automotive Vigo, S.L.U.

De conformidade co disposto no artigo 24.3 do Real decreto lexislativo 1/2016, do 16 de decembro, polo que se aproba o texto refundido da Lei de prevención e control integrados da contaminación (BOE núm. 316, do 31 de decembro), dáselle publicidade á seguinte resolución:

Instalación: planta de fabricación de compoñentes metálicos para automoción

Procedemento: autorización ambiental integrada

Titular: Benteler Automotive Vigo, S.L.U.

Expediente: 2019-IPPC-M-0001

Localización: Mos (Pontevedra)

Autorización: 2019-IPPC-1-323

Esta resolución poderá consultarse en https://cmatv.xunta.gal/busca-de-expedientes-da-autorizacion-ambiental-integrada ou presencialmente na Dirección Xeral de Calidade Ambiental e Cambio Climático (Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda, rúa de San Lázaro, s/n, 2º andar, 15781 Santiago de Compostela).

Santiago de Compostela, 13 de agosto de 2019

María Cruz Ferreira Costa
Directora xeral de Calidade Ambiental e Cambio Climático