Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 171 Martes, 10 de setembro de 2019 Páx. 39742

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda

ANUNCIO do 28 de agosto de 2019, da Dirección Xeral de Calidade Ambiental e Cambio Climático, polo que se fai público o informe ambiental estratéxico da modificación do Proxecto sectorial do parque de actividades económicas de Arteixo, promovido por Xestión do Solo de Galicia-Xestur, S.A. (expediente 2019AAE2345; código 2213/2019).

De acordo co artigo 31 da Lei 21/2013, do 9 de decembro, de avaliación ambiental, faise público o informe ambiental estratéxico do 28 de agosto de 2019, sobre a modificación do Proxecto sectorial do parque de actividades económicas de Arteixo, promovido por Xestión do Solo de Galicia-Xestur, S.A.

Este informe ambiental estratéxico pódese consultar no seguinte enderezo da internet: https://cmatv.xunta.gal/busca-por-palabra-clave

Santiago de Compostela, 28 de agosto de 2019

María Cruz Ferreira Costa
Directora xeral de Calidade Ambiental e Cambio Climático