Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 172 Mércores, 11 de setembro de 2019 Páx. 39903

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Economía, Emprego e Industria

RESOLUCIÓN do 21 de agosto de 2019, da Xefatura Territorial de Pontevedra, pola que se autoriza a execución do proxecto de desmontaxe e pechamento dunha instalación eléctrica no concello de Vigo (expediente IN407A 2019/99-4).

Visto o expediente para a autorización de desmontaxe e peche da instalación eléctrica que a seguir se cita:

Solicitante: Unión Fenosa Distribución, S.A.

Domicilio social: avenida de Arteixo, 171, 15007 A Coruña.

Denominación: desmontaxe e peche da LAT 66 kV Troncal-Pazos de Borbén.

Situación: Vigo.

Elementos a desmontar:

Tramo aéreo de dobre circuíto da LAT 66 kV Troncal-Pazos de Borbén, comprendido entre o apoio C1 RDL PZO 66 -12- (435) e o pórtico da subestación Troncal.

De acordo co disposto no artigo 53 da Lei 24/2013, do 26 de decembro, do sector eléctrico e nos artigos 135 a 139 do Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro, polo que se regulan as actividades de transporte, distribución, comercialización, subministración e procedementos de autorización de instalacións de enerxía eléctrica, o pechamento de instalacións esta suxeito a un procedemento de autorización. En consecuencia esta xefatura territorial resolve:

Autorizar a execución das actuacións recollidas no proxecto desmontaxe e pechamento da subestación Cangas 66 kV, concedéndolle un prazo de 12 meses, a partir da recepción deste documento, para a súa realización.

O remate dos traballos descritos neste proxecto deberá ser comunicado a esta xefatura territorial, coa finalidade de que sexan comprobadas as actuacións realizadas e emitir a preceptiva acta de pechamento de instalacións, tal e como dispón o artigo 139 do Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro.

Esta autorización outórgase sen prexuízo de terceiros e independentemente das autorizacións, licenzas ou permisos de competencia municipal, provincial ou outros necesarios para a realización das actuacións autorizadas.

Contra a presente resolución poderá interpoñer recurso de alzada ante o conselleiro de Economía, Emprego e Industria no prazo dun mes contado a partir do día seguinte ao da notificación desta resolución; tamén poderá interpoñer calquera outro recurso que considere pertinente ao seu dereito.

Pontevedra, 21 de agosto de 2019

Ignacio Rial Santomé
Xefe territorial de Pontevedra