Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 172 Mércores, 11 de setembro de 2019 Páx. 39914

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Política Social

ANUNCIO do 8 de agosto de 2019, da Xefatura Territorial da Coruña, polo que se notifica o acto administrativo ditado no expediente de reclamación de débeda en período voluntario por estadías en residencias de maiores.

De conformidade co disposto nos artigos 44 e 46 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, e no uso das competencias atribuidas a esta xefatura territorial, tentada a notificación no último domicilio coñecido da persoa interesada sen que esta se puidese efectuar por causas non imputables á Administración, notifícase o acto administrativo ditado no procedemento á persoa citada no anexo, para que no prazo de quince (15) días, contados desde o día seguinte ao da data de publicación deste anuncio no Boletín Oficial del Estado (BOE), compareza en persoa ou a través do seu representante debidamente acreditado, na Xefatura Territorial da Consellería de Política Social da Coruña, Servizo de Xestión Económica, sito na avenida Salvador de Madariaga, 9-1º andar, en horario de mañá, entre as 9.00 e as 14.00 horas, de luns a venres, para coñecer o texto íntegro do referido acto administrativo que se indica no anexo e advertíndolle que, de non facelo, se terá por notificada.

Sen prexuízo do anterior, e en virtude do disposto no artigo 44 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, este anuncio publicarase así mesmo no Diario Oficial de Galicia.

Advírteselle que, unha vez notificado por comparecencia, seralle de aplicación o disposto no artigo 62.2 da Lei 58/2003, do 17 de decembro, xeral tributaria.

A Coruña, 8 de agosto de 2019

María Blanco Aller
Xefa territorial da Coruña

ANEXO

Nº de expediente

DNI da persoa interesada

Acto notificado

OL-04/2019: reclamación de estadías na Residencia de Maiores de Oleiros

49916523Z

Requirimento de pagamento en período voluntario