Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 172 Mércores, 11 de setembro de 2019 Páx. 39915

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería do Medio Rural

RESOLUCIÓN do 2 de setembro de 2019, da Dirección Xeral de Gandaría, Agricultura e Industrias Agroalimentarias, sobre disolucións e cancelacións de sociedades agrarias de transformación (SAT).

En cumprimento das funcións que lle están atribuídas a esta Dirección Xeral de Gandaría, Agricultura e Industrias Agroalimentarias acórdase publicar a relación das sociedades agrarias de transformación disoltas e canceladas conforme ao Real decreto 1776/1981, do 3 de agosto.

a) Campiña do Toxo, SAT nº 670 XUGA, cancelada por transformación nunha explotación con titularidade de persoa física, mediante acordo adoptado na asemblea xeral do 5 de abril de 2019.

b) Vilamoa, SAT nº 969 XUGA, disolta por acordo adoptado na asemblea xeral do 31 de decembro de 2018.

c) Xuaneiro, SAT nº 980 XUGA, cancelada por transformación da entidade en Xuaneiro, S.L., mediante acordo adoptado na asemblea xeral do 4 de xuño de 2019, celebrada ante notario.

d) Gandeiría Fisterrino, SAT nº 1058 XUGA, cancelada por transformación da entidade en Ganadería Fisterrino, S.C., mediante acordo adoptado na asemblea xeral do 29 de maio de 2019, celebrada ante notario.

e) García Pico, SAT nº 1199 XUGA, disolta e cancelada por acordos adoptados nas asembleas xerais do 10 e 12 de xullo de 2019.

f) Casa Grande de Xanceda, SAT nº 1234 XUGA, cancelada por transformación da entidade nunha sociedade de responsabilidade limitada, mediante acordo adoptado na asemblea xeral do 1 de abril de 2019.

g) A Costiña, SAT nº 1248 XUGA, cancelada por transformación da entidade en Ganadería A Costiña, S.L., mediante acordo adoptado na asemblea xeral do 30 de maio de 2019.

h) Herbón Núñez, SAT nº 1309 XUGA, cancelada por transformación da entidade en Herbón Núñez, S.L., mediante acordo adoptado na asemblea xeral do 21 de maio de 2019.

i) San Benito, SAT nº 1341 XUGA, cancelada por transformación da entidade en Lamaboa San Benito, S.L., mediante acordo adoptado na asemblea xeral do 30 de xuño de 2019.

Santiago de Compostela, 2 de setembro de 2019

Silvestre José Balseiros Guinarte
Director xeral de Gandaría, Agricultura e Industrias Agroalimentarias