Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 173 Xoves, 12 de setembro de 2019 Páx. 40066

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello de Betanzos

ANUNCIO da oferta de emprego público 2019.

En Xunta de Goberno Local do 11 de abril de 2019 aprobouse a seguinte oferta de emprego público do ano 2019 do Concello de Betanzos:

Persoal funcionario de carreira (OEP 2019):

Taxa reposición

Grupo/
subgrupo

Clasificación

Núm. vacantes

Denominación

Forma provisión

Taxa adicional
DA 165 Lei 6/2018, PXE, e DT2ª RD 1449/2018, 14 decembro

C

C1

Escala: Ad. especial

Subescala: servizos especiais

2

Policía Local

1 libre
(oposición)

1 mobilidade (concurso)

Non computa

Art. 19.un.7

Lei 6/2018, PXE 18

C

C1

Escala: Ad. especial

Subescala: servizos especiais

1

Oficial Policía Local

Promoción interna

(concurso-oposicion)

A OEP aprobada vincula a corporación para a aprobación das correspondentes bases e convocatoria das probas selectivas de acceso ás prazas vacantes anunciadas, cun prazo máximo improrrogable de 3 anos.

Contra o presente acordo, que pon fin á vía administrativa, os interesados poderán interpoñer con carácter potestativo recurso de reposición, no prazo dun mes, a partir do día seguinte ao da publicación ante o mesmo órgano que a ditou conforme o establecido nos artigos 123 e 124 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas. Tamén poderá interpoñer recurso contencioso-administrativo ante o Xulgado do Contencioso-administrativo da Coruña no prazo de dous meses a partir do día seguinte ao da publicación de acordo co artigo 8.1 da Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa, sen prexuízo de que poida exercer calquera outro que considere procedente.

Betanzos, 12 de abril de 2019

María Barral Varela
Alcaldesa