En Xunta de Goberno Local do 11 de abril de 2019 aprobouse a seguinte oferta de emprego público do ano 2018 do Concello de Betanzos:
Persoal funcionario de carreira (OEP 2018):
Taxa reposición |
Grupo/ |
Clasificación |
Núm. vacantes |
Denominación |
Forma provisión |
Adicional Lei 6/2018, PXE 18 |
A A2 |
Ad. especial Subescala técnica Clase media |
1 |
Arquitecto técnico (Área de Urbanismo) |
Libre (concurso-oposición) |
Non computa Art. 19.un.7 Lei 6/2018, PXE 18 |
C C1 |
Ad. xeral Subescala administrativa |
1 |
Administrativo (Área Económica) |
Promoción interna (concurso-oposicion) |
A OEP aprobada vincula a corporación para a aprobación das correspondentes bases e convocatoria das probas selectivas de acceso ás prazas vacantes anunciadas, cun prazo máximo improrrogable de 3 anos.
Contra o presente acordo, que pon fin á vía administrativa, os interesados poderán interpoñer con carácter potestativo recurso de reposición, no prazo dun mes, a partir do día seguinte ao da publicación ante o mesmo órgano que a ditou conforme o establecido nos artigos 123 e 124 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas. Tamén poderá interpoñer recurso contencioso-administrativo ante o Xulgado do Contencioso-administrativo da Coruña no prazo de dous meses a partir do día seguinte ao da publicación de acordo co artigo 8.1 da Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa, sen prexuízo de que poida exercer calquera outro que considere procedente.
Betanzos, 12 de abril de 2019
María Barral Varela
Alcaldesa