Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 173 Xoves, 12 de setembro de 2019 Páx. 40068

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello de Láncara

ANUNCIO do 29 de xullo de 2019 de aprobación das bases e da convocatoria para cubrir unha praza de administrativo/a polo sistema de concurso-oposición.

Por Resolución da Alcaldía número 190, con data do 29 de xullo, aprobáronse as bases e a convocatoria para cubrir a praza de administrativo/a deste concello, mediante o sistema de concurso-oposición.

No Boletín Oficial da provincia número 181, do 8 de agosto de 2019, aparecen integramente publicadas as bases da convocatoria para a selección de persoal funcionario mediante o sistema de concurso-oposición, da praza vacante obxecto da convocatoria cuxas características son:

Grupo

C

Subgrupo

C1

Escala

Xeral

Subescala

Administrativa

Clase

Funcionario de carreira

Denominación

Administrativo/a

Número de vacantes

1

O prazo de presentación de solicitudes será de vinte días hábiles contado desde o día seguinte á publicación deste anuncio no Boletín Oficial del Estado.

Os sucesivos anuncios desta convocatoria, cando procedan de conformidade coas bases, publicaranse no Boletín Oficial da provincia e na sede electrónica deste concello enderezo https://lancara.sedelectronica.gal.

Láncara, 29 de xullo de 2019

Darío Antonio Piñeiro López
Alcalde