Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 173 Xoves, 12 de setembro de 2019 Páx. 40069

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello de Vigo

ANUNCIO de rectificación da oferta de emprego público de 2017.

A Xunta de Goberno local, en sesión do 26 de xuño de 2019, adoptou o seguinte acordo (BOP núm. 155, do 14 de agosto):

«Primeiro. Rectificar, ao abeiro do artigo 109.2 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, os erros detectados nos informes técnicos emitidos no expediente nº 29.567/220 e, consecuentemente, o Acordo da Xunta de Goberno local con data do 28 de decembro 2017, polo que se aprobou a oferta de emprego público correspondente ao ano 2017 (expediente 29567/220) e rectificado por acordo do mesmo órgano do 22 de marzo 2018, nos termos do informe técnico emitido o 22 de abril de 2019, rectificación consistente no seguinte:

– No cadro, onde di:

Mestre formación

Libre

Funcionario de carreira

4

Disp. Trans. 4ª TREBEP

Mestre formación ourivaría

Libre

Funcionario de carreira

1

Persoal indefinido

Axudantes mantemento

Libre

Persoal laboral

12

5 pola disp. trans. 4ª TREBEP e as 7 restantes corresponden a persoal indefinido (unha delas reservada para persoas con discapacidade)

Total prazas OEP 2017

80

6 reservadas para persoas con discapacidade

(7 % das 80 prazas convocadas)

– Debe dicir:

Mestre formación

Libre

Funcionario de carreira

5

4 pola disp. trans. 4ª TREBEP

1 persoal indefinido (especialidade encadernación)

Axudantes de mantemento

Libre

Persoal laboral

12

5 pola disp. trans. 4ª TREBEP e as 7 restantes corresponden a persoal indefinido (dúas delas reservadas para persoas con discapacidade intelectual)

Total de prazas OEP 2017

80

7 reservadas para persoas con discapacidade (dúas delas para persoas que acrediten discapacidade intelectual)

(7 % mínimo das 80 prazas convocadas)

Segundo. Ordenar a publicación da presente modificación no Boletín Oficial da provincia e no Diario oficial de Galicia, e notificar o presente acordo ao Comité de Persoal, Intervención Xeral Municipal, así como ao persoal técnico da Área de Recursos Humanos e Formación para os efectos oportunos».

Vigo, 26 de agosto de 2019

O alcalde
P.D. (Decreto do 18.6.2019 e Acordos da XGL do 20.6.2019 e 4.7.2019)
Elena Espinosa Mangana
Tenente de alcalde e concelleira delegada da Área de Empresa,
Economía, Seguridade e Organización Municipal