Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 174 Venres, 13 de setembro de 2019 Páx. 40163

III. Outras disposicións

Consellería de Política Social

RESOLUCIÓN do 4 de setembro de 2019, da Xefatura Territorial de Lugo, pola que se publica a Resolución do 3 de setembro de 2019 de corrección de erros na Resolución do 2 de agosto de 2019 dos procedementos BS303B prazas de residencias xuvenís para estudantes e BS303D prazas de residencias xuvenís para persoas traballadoras, pola que se aproba a relación definitiva de admitidos/as no Centro Residencial Xuvenil LUG para o curso académico 2019/20.

No Diario Oficial de Galicia núm. 92, do 15 de maio de 2019, publícase a Orde do 30 de abril de 2019 pola que se convocan prazas nas residencias xuvenís dependentes da Consellería de Política Social para o curso académico 2019/20, en réxime de concorrencia competitiva.

O número de prazas convocadas e a súa distribución por residencias son as seguintes:

Cidade

Residencia

Núm. prazas

Lugo

Centro Residencial Xuvenil LUG

74 Home/muller

Ourense

Florentino López Cuevillas

55 Home/muller

Vigo

Altamar

87 Home/muller

No artigo 12.1 establecese que por delegación da persoa titular da Consellería de Política Social, a resolución de adxudicación das prazas, a relación definitiva de persoas admitidas e a listaxe de agarda coa puntuación obtida serán aprobadas e notificadas pola persoa titular da xefatura territorial de cada provincia onde radique a residencia no prazo máximo de catro meses, contado desde o día seguinte ao da publicación da convocatoria no Diario Oficial de Galicia. Transcorrido o dito prazo sen que se dite resolución expresa, debera entenderse desestimada a solicitude correspondente. As ditas relacións notificaranse de acordo co establecido no artigo 7.

Na disposición derradeira primeira, apróbase a delegación de competencias da persoa titular da Consellería de Política Social na persoa titular da xefatura territorial da consellería de Política Social en función do seu respectivo ámbito territorial, para resolver a adxudicación de prazas e a perda do dereito nas residencias xuvenís dependentes da consellería.

De conformidade co disposto no artigo 45 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas e nos artigos 7 e 12 da referida Orde, do 30 de abril de 2019, a resolución será obxecto de publicación no Diario Oficial de Galicia. Esta publicación producirá os efectos de notificación.

Serán igualmente obxecto de publicidade a través da páxina web da Dirección Xeral de Xuventude, Participación e Voluntariado, http://xuventude.net, con carácter complementario.

Con data do 2 de agosto de 2019, ditase a resolución dos procedementos BS303B prazas de residencias xuvenís para estudantes e BS303D prazas de residencias xuvenís para persoas traballadoras, pola que se aproba a relación definitiva de admitidos/as no Centro Residencial Xuvenil LUG para o curso académico 2019/20, foi notificada pola Resolución do 6 de agosto de 2019, que foi publicada no Diario Oficial de Galicia número 162 do 28 de agosto de 2019.

Advertidos erros na dita Resolución do 2 de agosto de 2019, concretamente no anexo I:

No anexo I: admitidos/as procedementos BS303B e BS303D, BS303B prazas de residencias xuvenís para estudantes. Persoas admitidas:

No número de orde 3, na columna: apelidos e nome, onde di: Lago López, Laura, debe dicir: Lago López, Alba.

No número de orde 11, na columna: apelidos e nome, onde di: Fernández Sánchez, Rúben, debe dicir: Bernárdez Sánchez, Rubén.

No número de orde 65, na columna: apelidos e nome, onde di: Álvarez Nicolino, Álgel, debe dicir: Álvarez Nicolino, Ángel.

Iníciase o expediente de rectificación de erros ao abeiro do artigo 109.2 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, finalizado por Resolución do 3 de setembro de 2019 que procede notificar.

Polo exposto,

RESOLVO:

Ordenar a publicación no Diario Oficial de Galicia do contido íntegro da Resolución do 3 de setembro de 2019, de corrección de erros da Resolución do 2 de agosto de 2019 dos procedementos BS303B prazas de residencias xuvenís para estudantes e BS303D prazas de residencias xuvenís para persoas traballadoras, pola que se aproba a relación definitiva de admitidos/as no Centro Residencial Xuvenil LUG para o curso académico 2019/20 e que figura no anexo.

Santiago de Compostela, 4 de setembro de 2019

Cristina Abades Martínez
Xefa territorial de Lugo

ANEXO

Resolución do 3 de setembro de 2019 de corrección de erros na Resolución do 2 de agosto de 2019 dos procedementos BS303B prazas de residencias xuvenís para estudantes e BS303D prazas de residencias xuvenís para persoas traballadoras, pola que se aproba a relación definitiva de admitidos/as no Centro Residencial Xuvenil LUG para o curso académico 2019/20.

Advertidos erros na devandita resolución, publicada no Diario Oficial de Galicia número 162 do 28 de agosto, e en base ao establecido no artigo 109 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas cómpre facer a seguinte corrección:

No anexo I: admitidos/as procedementos BS303B e BS303D. BS303B prazas de residencias xuvenís para estudantes. Persoas admitidas:

No número de orde 3, na columna: apelidos e nome, onde di: Lago López, Laura, debe dicir: Lago López, Alba.

No número de orde 11, na columna: apelidos e nome, onde di: Fernández Sánchez, Rúben, debe dicir: Bernárdez Sánchez, Rubén.

No número de orde 65, na columna: apelidos e nome, onde di: Álvarez Nicolino, Álgel, debe dicir: Álvarez Nicolino, Ángel.

Por todo o anterior, resolvo:

Primeiro. Rectificar os ditos erros e proceder á súa publicación no Diario Oficial de Galicia

Santiago de Compostela, 3 de setembro de 2019. A conselleira de Política Social. P.D. (Artigo 12.1 da Orde do 30.4.2019; DOG núm. 92, do 15 de maio). Cristina Abades Martínez, xefa territorial de Lugo.