Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 174 Venres, 13 de setembro de 2019 Páx. 40223

V. Administración de xustiza

Xulgado de Primeira Instancia número 10 de Vigo

EDICTO (739/2017).

Eu, Luis Diego Espino Hernández, letrado da Administración de xustiza do Xulgado de Primeira Instancia número 10 de Vigo, fago saber que en xuízo verbal 739/17-T se ditou sentenza cuxo encabezamento e resolución se reproducen integramente e que son do teor literal seguinte:

«Sentenza. En Vigo o oito de marzo de dous mil dezanove.

Ana Araceli Muñoz Martín, maxistrada xuíza de Primeira Instancia número 10 de Vigo e o seu partido, despois de ver os presentes autos de xuízo verbal 739/2017-T seguidos ante este xulgado, entre partes, dunha como demandante a Mancomunidade de Propietarios Florida, 127, Pinal de Adentro 1, con CIF H36812188, representado polo procurador José Vicente Gil Tránchez e asistido do letrado José Manuel Cid Cid, e doutra como demandados Herdanza Xacente de José Alonso González e Teresa González Rial, Carlos Alberto Alonso González, con DNI 36117824G, e José Alonso González, declarados en situación de rebeldía procesual, ditouse a seguinte sentenza e

Resolución. Estimando integramente a demanda interposta pola Mancomunidade de Propietarios Florida, 127 Pinal de Adentro 1, fronte a Herdanza Xacente de José Alonso González e Teresa González Rial, e Carlos Alberto Alonso González, debo condenar e condeno a esta a aboar á parte demandante a cantidade de 5.263,14 euros máis os xuros legais desde a reclamación xudicial, así como ao pagamento das custas.

Modo de impugnación: contra esta sentenza cabe recurso de apelación dentro dos vinte días seguintes á súa notificación, que se interpoñerá ante este órgano xudicial.

Conforma a disposición adicional décimo quinta da LOPX, para a admisión do recurso deberase acreditar ter constituído, na conta de depósitos e consignacións deste órgano, un depósito de 50 euros, salvo que o recorrente sexa beneficiario de xustiza gratuíta, o Ministerio fiscal, o Estado, comunidade autónoma, entidade local ou organismo autónomo dependente.

Así por esta miña sentenza pronúncioo, mando e asino».

Expídese o presente edicto co fin de que sirva a notificación á Herdanza Xacente de José Alonso González e Teresa González Rial, e Carlos Alberto Alonso González, actualmente en ignorado paradoiro.

Vigo, 12 de xullo de 2019

O letrado da Administración de xustiza