Por resolución desta alcaldía nº 3597/19, do 4 de setembro de 2019, acordouse aprobar inicialmente con condicións o Plan parcial do sector SUD-19 Os Regos, en Oleiros (documento R.E. nº 04309, do 21.3.2019, e anexo complementario R.E. nº 11405, do 5.7.2019).
De conformidade co artigo 75 da Lei 2/2016, o expediente estará exposto ao público na Área de Urbanismo do Concello de Oleiros, das 8.30 ás 14.00 horas, polo prazo de dous meses, para os efectos de presentación das alegacións que se consideren oportunas.
Oleiros, 6 de setembro de 2019
Ángel García Seoane
Alcalde presidente


