Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 174 Venres, 13 de setembro de 2019 Páx. 40261

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello de Caldas de Reis

ANUNCIO de exposición pública do expediente de orde de execución para a xestión da biomasa vexetal de parcelas de propietarios descoñecidos ou de propietarios aos cales non se lles puido efectuar a notificación (expediente 1103/2019).

En cumprimento do previsto no artigo 22.3 da Lei 3/2007, do 9 de abril, de prevención e defensa contra os incendios forestais de Galicia:

«3. Cando non se poida determinar a identidade da persoa responsable da xestión da biomasa vexetal e retirada de especies arbóreas prohibidas ou resulte infrutuosa a notificación da comunicación a que se refire o número anterior, esta efectuarase mediante un anuncio no Boletín Oficial del Estado e no Diario Oficial de Galicia, no cal se incluirán os datos catastrais da parcela. Nestes supostos o prazo para o cumprimento computarase desde a publicación do anuncio no Boletín Oficial del Estado».

Por non poderse efectuar a/s notificación/s (por descoñecido), faise pública a incoación de expediente/s de orde de execución polo estado de parcela, para comparecencia dos interesados.

Nº de expediente

Asunto

Propietario

Ref. catastral - Localización da parcela

1103/2019

Xestión da biomasa vexetal e retirada de especies arbóreas prohibidas

Descoñecido

36005A045001350000 TB en Aboi - Santo André

Os interesados dispoñen dun prazo de 10 días, contados a partir do día seguinte ao da publicación do anuncio no BOE, para examinar o expediente no departamento de urbanismo do Concello de Caldas de Reis, das 9.00 ás 14.00 horas, de luns a venres e, se é o caso, presentar alegacions ou calquera escrito en defensa dos seus intereses.

Contra o presente acto, por tratarse dun acto de trámite, non cabe recurso.

Caldas de Reis, 26 de agosto de 2019

Juan Manuel Rey Rey
Alcalde presidente