Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 175 Luns, 16 de setembro de 2019 Páx. 40354

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Economía, Emprego e Industria

ANUNCIO do 2 de setembro de 2019, da Dirección Xeral de Enerxía e Minas, polo que se notifica a varios interesados da declaración da utilidade pública, en concreto, así como da compatibilidade cun dereito mineiro, do proxecto do parque eólico Miñón (expediente IN408A 2017/07).

Por Resolución do 4 de xullo de 2019, da Consellería de Economía, Emprego e Industria, declarouse a utilidade pública, en concreto, así como a compatibilidade cun dereito mineiro, do proxecto do parque eólico Miñón, sito no concello de Vimianzo (A Coruña) e promovido por Greenalia Wind Power Miñón, S.L.U. (DOG núm. 133, do 15 de xullo).

De conformidade co disposto nos artigos 44 e 46 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, mediante este anuncio emprázase a María Mata Lema, a Josefina Oreiro Espasandín, á sociedade Baio de Granitos, S.A., para seren notificadas por comparecencia, por non ter sido posible practicar a notificación prevista na citada norma, logo dos intentos efectuados.

As persoas interesadas ou os seus representantes legais deberán comparecer no prazo de dez (10) días hábiles, contados desde o seguinte ao da publicación deste anuncio, na sede do Dirección Xeral de Enerxía e Minas, sita no Edificio Administrativo San Caetano, s/n, bloque 5, 4º andar, en Santiago de Compostela, das 9.00 ás 14.00 horas, de luns a venres. A eficacia deste anuncio queda supeditada á súa publicación no taboleiro de edictos único (TEU) do Boletín Oficial del Estado.

Transcorrido o prazo indicado no parágrafo anterior sen efectuarse a comparecencia, a notificación entenderase producida desde o día seguinte ao do vencemento do prazo sinalado para comparecer.

Santiago de Compostela, 2 de setembro de 2019

Ángel Bernardo Tahoces
Director xeral de Enerxía e Minas