Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 175 Luns, 16 de setembro de 2019 Páx. 40362

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello de Caldas de Reis

ANUNCIO de exposición pública dos expedientes de orde de execución para a xestión da biomasa vexetal de parcelas de propietarios descoñecidos ou de propietarios aos que non se lles puido efectuar a notificación (expediente 681 e tres máis).

En cumprimento do previsto no artigo 22.3 da Lei 3/2007, do 9 de abril, de prevención e defensa contra os incendios forestais de Galicia:

«3. Cando non se poida determinar a identidade da persoa responsable da xestión da biomasa vexetal e retirada de especies arbóreas prohibidas ou resulte infrutuosa a notificación da comunicación a que se refire o número anterior, esta efectuarase mediante un anuncio no Boletín Oficial del Estado e no Diario Oficial de Galicia, no cal se incluirán os datos catastrais da parcela. Nestes supostos o prazo para o cumprimento computarase desde a publicación do anuncio no Boletín Oficial del Estado».

Por non poderse practicar as notificacións ao seren descoñecidos os propietarios ou ser devoltas estas, faise pública a resolución da orde de execución para a xestión da biomasa vexetal, que esta alcaldía acordou no exercicio das súas atribucións. Os interesados dispoñen do prazo dun mes, contado a partir do día seguinte ao da publicación do anuncio no BOE para executar a orde de xestión da biomasa vexetal. Faise advertencia, de que en caso de incumplimiento da presente orde de execución, e de acordo co establecido no parágrafo 4 do artigo 136 da Lei 2/2016, a Administración municipal procederá á execución subsidiaria, de acordo co establecido no artigo 22.4 da Lei 3/2007, do 9 de abril, de prevención e defensa contra os incendios forestais de Galicia.

Nº expte.

Asunto

Propietario/NIF

Ref. catastral/situación
da parcela

681/2019

Limpeza de parcela

76854399Z

36005A029000140000TU nas Ribocias, San Clemente

1106/2019

Xestión da biomasa vexetal e retirada de especies arbóreas prohibidas

35345222H

36005A045001370000TG
en Aboi, Santo André

1191/2019

Xestión da biomasa vexetal e retirada de especies arbóreas prohibidas

Hdros. de José Aboy Núñez

36005A045004150000TZ
en Aboi, Santo André

1458/2017

Xestión da biomasa vexetal e retirada de especies arbóreas prohibidas

María José Ortigueira González

36005A014020040000TR en Pedra do Pan

Recursos: contra a presente resolución, que pon fin á vía administrativa, pode interpoñer, alternativamente, o recurso de reposición potestativo ante o alcalde deste concello, no prazo dun mes contado desde o día seguinte ao da recepción desta notificación, de conformidade cos artigos 123 e 124 da Lei 39/2015, do 1 de octubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, ou ben interpoñer directamente recurso contencioso-administrativo, ante o Xulgado do Contencioso-Administrativo de Pontevedra, no prazo de dous meses contado desde o día seguinte ao da recepción da presente notificación, de conformidade co artigo 46 da Lei da xurisdición contencioso-administrativa. Se se optase por interpoñer o recurso de reposición potestativo, non se poderá interpoñer recurso contencioso-administrativo ata que aquel sexa resolto expresamente ou se teña producido a súa desestimación por silencio.

De interpoñerse o recurso potestativo de reposición, este deberá ser resolto e notificado no prazo dun mes, segundo establede o artigo 124.2 da referida Lei 39/2015, entendéndose desestimado o recurso de reposición polo transcurso do mencionado prazo sen resolución expresa notificada, de conformidade co establecido no artigo 126.3 do mesmo texto legal, poderán entón os interesados interpoñer recurso contencioso-administrativo dentro do prazo de seis meses, contados desde o día seguinte a aquel en que deba entenderse presuntamente desestimado o recurso de reposición interposto, conforme o establecido na Lei de xurisdición contencioso-administrativa.

Caldas de Reis, 29 de agosto de 2019

Juan Manuel Rey Rey
Alcalde presidente