Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 176 Martes, 17 de setembro de 2019 Páx. 40436

III. Outras disposicións

Consellería de Infraestruturas e Mobilidade

RESOLUCIÓN do 5 de setembro de 2019, do tribunal designado para cualificar as probas dirixidas á obtención e renovación do certificado de conselleiro de seguridade para o transporte de mercadorías perigosas por estrada e por ferrocarril, relativa á normativa sobre a cal versarán as probas.

En sesión do tribunal designado para cualificar as probas dirixidas á obtención e renovación do certificado de conselleiro de seguridade para o transporte de mercadorías perigosas por estrada e por ferrocarril, convocadas mediante a Resolución do 20 de marzo de 2019, da Dirección Xeral de Mobilidade (Diario Oficial de Galicia núm. 66, do 4 de abril), de conformidade co disposto no número 4 da base primeira da mencionada resolución, tendo en conta que a data de remate do prazo de presentación de solicitudes foi o 5 de xuño de 2019 e que nesa data estaban vixentes simultaneamente dúas versións do ADR, acordouse que a versión de ADR sobre a cal versarán os exercicios será a vixente inmediatamente antes da entrada en vigor da nova versión (ADR 2017).

Santiago de Compostela, 5 de setembro de 2019

Marta Vázquez Sanjurjo
Presidenta do tribunal