Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 177 Mércores, 18 de setembro de 2019 Páx. 40542

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Axencia de Protección da Legalidade Urbanística

CÉDULA do 6 de setembro de 2019 pola que se notifica a imposición dunha multa coercitiva (expediente PON/181/2015).

O director da Axencia de Protección da Legalidade Urbanística ditou, o 6 de maio de 2019, unha resolución pola que se lles impón unha segunda multa coercitiva (PON/181/2015-B1) derivada do expediente de reposición da legalidade urbanística número PON/181/2015 a Mercedes Domínguez Correa e Mercedes Regueira Domínguez como consecuencia de incumpriren o ordenado na Resolución do 19 de maio de 2016, que ordenaba a demolición dunha vivenda unifamiliar, na parcela con referencia catastral 54035A031001530000HO, no lugar Monte da Igrexa, Camos, no termo municipal de Nigrán, provincia de Pontevedra.

Ao non poder realizar a notificación persoal daquela resolución, mediante esta cédula e ao abeiro do disposto no artigo 44 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, notifícaselles ás interesadas a devandita resolución por medio dun anuncio publicado no Boletín Oficial del Estado.

En cumprimento do artigo 46 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, as interesadas poderán comparecer, no prazo de dez (10) días hábiles contados desde o seguinte ao da publicación deste anuncio no Boletín Oficial del Estado, nas dependencias da Axencia de Protección da Legalidade Urbanística, sitas no Edificio Witland, 1º andar, Salgueiriños, Santiago de Compostela, das 9.00 ás 14.00 horas, de luns a venres, para o coñecemento íntegro da dita resolución e constancia del tal coñecemento. Transcorrido o devandito prazo sen efectuaren a comparecencia, a notificación entenderase producida.

Contra esta resolución, que pon fin á vía administrativa, as interesadas poderán interpoñer recurso de reposición no prazo dun mes, contado a partir do día seguinte a aquel en que se producise a notificación, perante o director da Axencia de Protección da Legalidade Urbanística, significándolle que o recurso unicamente será admisible por motivos de infracción do ordenamento inherentes á imposición desta multa coercitiva, sendo motivo de inadmisión a reiteración das mesmas razóns que se esgrimiron ou puideron esgrimirse fronte á resolución de que este acordo é un mero acto de execución.

En caso de que non exerzan o seu dereito a presentaren recurso potestativo de reposición, poden interpoñer directamente recurso contencioso-administrativo, no prazo de dous meses, perante o xulgado do contencioso-administrativo en cuxa circunscrición se sitúe o inmoble afectado, conforme o disposto no artigo 14.1, regra terceira, da Lei 29/1998, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa.

Para que conste e que lles sirva de notificación ás citadas interesadas, en cumprimento do disposto no artigo 44 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, expido e asino esta cédula.

Santiago de Compostela, 6 de setembro de 2019

José Antonio Cerdeira Pérez
Director da Axencia de Protección da Legalidade Urbanística