Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 178 Xoves, 19 de setembro de 2019 Páx. 40578

III. Outras disposicións

Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda

RESOLUCIÓN do 10 de setembro de 2019, da Secretaría Xeral Técnica da Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda, pola que se lles dá publicidade aos convenios de colaboración subscritos por esta consellería durante o segundo cuadrimestre do ano 2019.

O artigo 15 da Lei 1/2016, do 18 de xaneiro, de transparencia e bo goberno (Diario Oficial de Galicia núm. 30, do 15 de febreiro) impón a cada consellería ou entidade da Xunta de Galicia a obriga de publicar no Diario Oficial de Galicia unha relación dos convenios subscritos no cuadrimestre anterior.

En consecuencia e para dar cumprimento a esa obriga,

DISPOÑO:

Artigo 1

Dar publicidade a relación de convenios de colaboración subscritos pola Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda durante o segundo cuadrimestre do ano 2019, que se incorpora como anexo I a esta resolución.

Artigo 2

Así mesmo, e para os efectos de completar a Resolución do 20 de maio de 2019, da Secretaría Xeral Técnica da Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda, pola que se dá publicidade dos convenios de colaboración subscritos no primeiro cuadrimestre do ano 2019 (DOG núm. 106, do 6 de xuño), dáse publicidade aos convenios de colaboración pendentes de publicar subscritos no primeiro cuadrimestre do ano 2019 por esta consellería, que se incorpora como anexo II a esta resolución.

Santiago de Compostela, 10 de setembro de 2019

Mª del Carmen Bouso Montero
Secretaria xeral técnica da Consellería de
Medio Ambiente, Territorio e Vivenda

ANEXO I

Convenios asinados no segundo cuadrimestre do ano 2019

Título

Obxecto

Data de sinatura

Achega económica da consellería (€)

Segunda addenda ao convenio de colaboración entre a Consellería de Medio Ambiente e Ordenación do Territorio e a Fundación Oso Pardo para o desenvolvemento das actuacións previstas no proxecto LIFE16 NAT/ES/000573 «Actions to favour cantabrian brown bear expansion to new territories in Serra do Courel (Galicia, Spain)».

Modificación do punto 1 da cláusula terceira.

6 de maio de 2019

Sen achega económica da consellería

Convenio de colaboración entre a Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda e o Concello de Mos, para a mellora da pavimentación da urbanización de Santo Eleuterio.

Establecer as bases de colaboración e cooperación técnica e económica entre a Xunta de Galicia e o Concello de Mos, que permitan acometer e incorporar ao patrimonio público municipal as obras consistentes na «mellora da pavimentación da urbanización de Santo Eleuterio».

15 de maio de 2019

50.344,65 €

Protocolo entre a Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda e o Concello de Ribeira para a cooperación na execución de actuacións urbanísticas.

Sentar as bases de futura colaboración co Concello de Ribeira para actuacións de mellora de espazos urbanos e un novo auditorio municipal.

22 de maio de 2019

Sen achega económica da consellería

Convenio de colaboración entre a Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda da Xunta de Galicia, e a Federación Galega de Caza, para a realización de actividades de divulgación e fomento da actividade cinexética na Comunidade Autónoma de Galicia para o ano 2019.

Establecer as condicións para acordar a colaboración entre a CMATV e a Federación Galega de Caza para o fomento da actividade cinexética sustentable no ámbito da Comunidade Autónoma de Galicia a través da organización de actividades para a promoción e divulgación nesta materia.

6 de xuño de 2019

25.000,00 €

Convenio de colaboración entre a Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda, a Secretaría Xeral para o Deporte e o Concello de Moraña, para as obras de equipamento municipal de ocio nas instalacións de Mirallos.

Establecer as bases de colaboración e cooperación técnica e económica entre a Xunta de Galicia e o Concello de Moraña, que permitan acometer e incorporar ao patrimonio público municipal as obras consistentes no «equipamiento municipal de ocio nas instalacións de Mirallos».

18 de xuño de 2019

359.810,47 €

Convenio de colaboración entre as consellerías de Cultura e Turismo e de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda da Xunta de Galicia, e as universidades de Santiago de Compostela, A Coruña e Vigo para a elaboración do formulario para a inclusión da candidatura Illas Cíes-Parque Nacional das Illas Atlánticas de Galicia na lista do patrimonio mundial da UNESCO.

Elaboración conxunta da candidatura Illas Cíes-Parque Nacional das Illas Atlánticas para a inclusión na lista do patrimonio mundial da UNESCO segundo o modelo establecido no anexo 5 das directrices operativas para aplicar a convención do patrimonio mundial.

5 de xullo de 2019

Sen achega económica da consellería

Addenda pola que se prorroga o convenio de cooperación educativa entre a Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia través da Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda, e a Universidade da Coruña para a realización de prácticas académicas externas.

Prórroga do convenio asinado o 1 de setembro de 2017.

10 de xullo de 2019

Sen achega económica da consellería

Addenda pola que se prorroga o convenio de cooperación educativa entre a Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia través da Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda e a Universidade de Vigo para a realización de prácticas académicas externas.

Prórroga do convenio asinado o 14 de xullo de 2017.

10 de xullo de 2019

Sen achega económica da consellería

Addenda pola que se prorroga o convenio de cooperación educativa entre a Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia través da Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda e a Universidade de Santiago de Compostela para a realización de prácticas académicas externas.

Prórroga do convenio asinado o 14 de xullo de 2017.

11 de xullo de 2019

Sen achega económica da consellería

Convenio de colaboración entre a Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda e o Concello de Betanzos para o financiamento da «redacción da revisión do Plan especial de protección e ordenación do casco histórico (PEPOCH)».

O obxecto do presente convenio é establecer as bases de colaboración e cooperación técnica e económica entre a Xunta de Galicia e o Concello de Betanzos para a redacción da «Revisión do Plan especial de protección e ordenación do casco histórico (PEPOCH)».

30 de xullo de 2019

150.000,00 €

Acordo de colaboración entre a Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda e a Axencia Galega de Infraestruturas para o financiamento de diversas actuacións derivadas do Plan Hurbe 2019-2020.

O obxecto deste acordo consiste en establecer as bases da colaboración técnica e ecnómica entre a Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda e a Axencia Galega de Infraestruturas, que permitan a execucións das distintas actuacións derivadas do Plan Hurbe para os anos 2019-2020.

5 de agosto de 2019

Sen achega económica da consellería

ANEXO II

Convenios asinados no primeiro cuadrimestre do ano 2019

Título

Obxecto

Data de sinatura

Achega económica da Consellería (€)

Segunda addenda ao convenio de colaboración entre a Consellería de Medio Ambiente e Ordenación do Territorio e o Instituto Enerxético de Galicia, a Axencia Turismo de Galicia, a Deputación Provincial de Ourense e o Concello da Veiga para a realización do proxecto «construción do observatorio astronómico na Veiga».

Modificar as cláusulas sétima relativa á vixencia, segunda, aos gastos subvencionables e décimo terceira, da xustificación.

29 de abril de 2019

Sen achega económica da consellería

Convenio de adhesión do Concello de Arteixo ao convenio marco asinado entre a Comunidade Autonoma de Galicia e a sociedade ecolóxica para a reciclaxe de dos envases de vidro (Ecovidrio).

O Concello de Arteixo adhírese ao convenio marco de colaboración entre a Comunidade Autónoma de Galicia e Ecovidrio co que participa desta forma no Sistema integrado xestionado por Ecovidrio de xestión de envases usados de vidro.

30 de abril de 2019

Sen achega económica da consellería