Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 178 Xoves, 19 de setembro de 2019 Páx. 40576

III. Outras disposicións

Vicepresidencia e Consellería de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza

EXTRACTO da Resolución do 6 de setembro de 2019, da Secretaría Xeral da Igualdade, pola que se procede á segunda convocatoria para o ano 2019, en réxime de concorrencia non competitiva, de subvencións destinadas ao fomento da contratación de mulleres que sofren violencia de xénero no ámbito de colaboración coas entidades locais galegas, no marco do Pacto de Estado contra a violencia de xénero (código de procedemento SI461A).

BDNS (Identif.): 473505.

De conformidade co previsto nos artigos 17.3.b) e no artigo 20.8.a) da Lei 38/2003, do 17 de novembro, xeral de subvencións, publicase o extracto da convocatoria cuxo texto completo pode consultarse na Base de datos nacional de subvencións (BDNS) (http://www.pap.minhap.gob.es/bdnstrans/index):

Primeiro. Persoas beneficiarias

Os requisitos necesarios para poder ser beneficiaria desta axuda son os establecidos no artigo 5 das bases reguladoras para a concesión da dita subvención, aprobadas pola Resolución do 16 de maio de 2019, da Secretaría Xeral da Igualdade.

Segundo. Obxecto

Proceder á segunda convocatoria, en réxime de concorrencia non competitiva, para o ano 2019 das subvencións destinadas a financiar a contratación por parte das entidades locais galegas, de mulleres que sofren violencia de xénero, para a realización de obras ou servizos de interese xeral ou social, ata un máximo de 12 mensualidades, para mellorar e facilitar a súa inserción laboral, segundo o disposto nas bases reguladoras para a concesión da dita subvención, aprobadas pola Resolución do 16 de maio de 2019, da Secretaría Xeral da Igualdade (DOG nº 103, do 3 de xuño).

Terceiro. Bases reguladoras

Resolución do 16 de maio de 2019, da Secretaría Xeral da Igualdade, pola que se establecen as bases que rexerán a concesión, en réxime de concorrencia non competitiva, de subvencións destinadas ao fomento da contratación de mulleres que sofren violencia de xénero no ámbito de colaboración coas entidades locais galegas, e se procede á súa convocatoria para o ano 2019.

Cuarto. Importe

Ás subvencións obxecto desta convocatoria destínase un crédito por un importe total de 538.551,68 euros.

O financiamento enmárcase nos fondos do Pacto de Estado contra a violencia de xénero (Ministerio de Presidencia, Relacións coas Cortes e Igualdade), correspondentes á Comunidade Autónoma de Galicia para 2019.

Quinto. Prazo de presentación de solicitudes

O prazo de presentación de solicitudes será de 1 mes, contado desde o día seguinte ao da publicación da presente resolución no Diario Oficial de Galicia. Para estes efectos, entenderase como último día do prazo o correspondente ao mesmo ordinal do día da publicación. Se este último día é inhábil, entenderase prorrogado ata o primeiro día hábil seguinte. Se no mes de vencemento non hai día equivalente, entenderase que o prazo expira o último día do mes.

Santiago de Compostela, 6 de setembro de 2019

Susana López Abella
Secretaria xeral da Igualdade