Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 179 Venres, 20 de setembro de 2019 Páx. 40660

III. Outras disposicións

Consellería de Política Social

RESOLUCIÓN do 9 de setembro de 2019, da Xefatura Territorial de Lugo, pola que se publica a Resolución do 6 de setembro de 2019, ditada no procedemento BS303C de convocatoria de prazas de persoas colaboradoras bolseiras, pola que se aproba a relación definitiva de admitidos/as, excluídos e lista de espera no centro residencial xuvenil LUG para o curso académico 2019/20.

No Diario Oficial de Galicia núm. 127, do 5 de xullo de 2019, publícase a Orde do 21 de xuño de 2019 pola que se convocan prazas de persoas colaboradoras bolseiras para as residencias xuvenís dependentes da Consellería de Política Social para o curso académico 2019/20, en réxime de concorrencia competitiva.

O número de prazas convocadas e a súa distribución por residencias son as seguintes:

Cidade

Residencia

Núm. prazas

Lugo

Centro residencial xuvenil LUG

4    Home/muller

Ourense

Florentino López Cuevillas

5    Home/muller

Vigo

Altamar

6    Home/muller

No artigo 12 establécese que, por delegación da persoa titular da Consellería de Política Social, a resolución de adxudicación das prazas, a relación definitiva de persoas admitidas e a lista de agarda coa puntuación obtida serán aprobadas e notificadas pola persoa titular da xefatura territorial de cada provincia onde radique a residencia no prazo máximo de catro meses, contados desde o día seguinte ao da publicación da convocatoria no Diario Oficial de Galicia. Transcorrido o dito prazo sen que se dite resolución expresa, deberá entenderse desestimada a solicitude correspondente. As ditas relacións notificaranse de acordo co establecido no artigo 6.

Na disposición adicional primeira apróbase a delegación de atribucións da persoa titular da Consellería de Política Social na persoa titular da Xefatura Territorial da Consellería de Política Social en función do seu respectivo ámbito territorial, para resolver a concesión, denegación, modificación ou outras incidencias das axudas previstas nesta orde, así como para autorizar e dispoñer os gastos, o recoñecemento das obrigas e a proposta de pagamento, en relación co disposto no artigo 73.a) do Decreto lexislativo 1/1999, do 7 de outubro, polo que se aproba o texto refundido da Lei de réxime financeiro e orzamentario de Galicia.

De conformidade co disposto no artigo 45 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas e nos artigos 6 e 12 da referida Orde do 21 de xuño de 2019, a resolución será obxecto de publicación no Diario Oficial de Galicia. Esta publicación producirá os efectos de notificación.

Serán igualmente obxecto de publicidade a través da páxina web da Dirección Xeral de Xuventude, Participación e Voluntariado, http://xuventude.net con carácter complementario.

RESOLVO:

Primeiro. Ordenar a publicación no Diario Oficial de Galicia do contido integro da Resolución do 6 de setembro ditada no procedemento BS303C, prazas de persoas colaboradoras bolseiras nas residencias xuvenís, pola que se aproba a relación definitiva de admitidos/as, excluídos/as e lista de agarda no centro residencial xuvenil LUG para o curso académico 2019/20, e na páxina web http://xuventude.net.

Segundo. Comunicar que a Resolución do 6 de setembro de 2019 pon fin á vía administrativa e contra ela pódese interpoñer recurso potestativo de reposición ante o mesmo órgano que a ditou, no prazo dun mes contado a partir do día seguinte á publicación desta resolución no Diario Oficial de Galicia ou impugnalas directamente ante a orde xurisdicional contencioso-administrativa, no prazo de dous meses contados a partir do día seguinte ao da publicación desta resolución no Diario Oficial de Galicia.

Lugo, 9 de setembro de 2019

Cristina Abades Martínez
Xefa territorial de Lugo

ANEXO

Resolución do 6 de setembro de 2019, ditada no procedemento BS303C de convocatoria de prazas de persoas colaboradoras bolseiras, pola que se aproba a relación definitiva de admitidos/as, excluídos e lista de espera no centro residencial xuvenil LUG para o curso académico 2019/20.

Convocada a oferta de prazas de persoas colaboradoras bolseiras, procedemento BS303C nas residencias xuvenís dependentes da Consellería de Política Social para o curso académico 2019/20 pola Orde do 21 de xuño de 2019 (DOG núm. 127, do 5 de xullo), e tendo en conta os seguintes

Antecedentes.

Primeiro. Con data do 6 de setembro de 2019, unha vez examinadas as solicitudes presentadas para o centro residencial xuvenil LUG, a comisión cualificadora emitiu un informe a este órgano instrutor.

Segundo. No antedito informe, a comisión cualificadora indica que o número de solicitudes presentadas resultou ser superior ao de prazas convocadas, aplicándose por tanto, os criterios de selección establecidos no artigo 9, non habendo persoas excluídas e xerándose unha lista de espera.

Vistos os antecedentes citados e tendo en conta o disposto no artigo 11 da citada orde e os demais preceptos normativos de xeral e pertinente aplicación, esta xefatura territorial

RESOLVE:

Primeiro. Adxudicar as prazas, e aprobar a relación definitiva do procedemento BS303C de admitidos/as, excluídos/as e lista de espera para o centro residencial xuvenil LUG, para o curso académico 2019/20, que figuran como anexo á presente resolución, á vista das solicitudes presentadas en prazo regulamentario, con base no artigo 1 e demais requisitos exixidos na convocatoria,

Segundo. Facer pública dita relación mediante a súa publicación no Diario Oficial de Galicia, de conformidade co establecido no artigo 45 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, os actos administrativos e as correspondentes resolucións deste procedemento. Esta publicación producirá os efectos de notificación.

Serán igualmente obxecto de publicidade a través da páxina web da Dirección Xeral de Xuventude, Participación e Voluntariado, http://xuventude.net con carácter complementario.

Terceiro. Esta resolución pon fin á vía administrativa e contra ela pódese interpoñer recurso potestativo de reposición ante o mesmo órgano que a ditou, no prazo dun mes contado a partir do día seguinte á publicación da resolución no Diario Oficial de Galicia, ou impugnalas directamente ante a orde xurisdicional contencioso-administrativa, no prazo de dous meses contados a partir do día seguinte ao da publicación da resolución no Diario Oficial de Galicia (artigo 46.1 da Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa).

Lugo, 6 de setembro de 2019. A conselleira de Política Social, P.D. (Art. 12 da Orde do 21.6.2019, DOG nº 127, do 5 de xullo), Cristina Abades Martínez, xefa territorial de Lugo.

ANEXO I

Admitidos/as

Procedemento BS303C

BS303C Prazas de residencias xuvenís para persoas colaboradoras bolseiras. Persoas admitidas

Nº orde

Apelidos e nome

DNI

Puntuación

1

Lefsahi, Mohamed

***3384**

34,74

2

Montero Viéitez, Manuel

***5672**

30,08

3

Nogueira Fuertes, Xoana

***8547**

29,60

4

Ces González, Elisa

***2816**

29,33

ANEXO II

Lista de espera

Procedemento BS303C

Lista de espera

BS303C Prazas de residencias xuvenís para persoas colaboradoras bolseiras.

Lista de espera

Nº orde

Apelidos e nome

DNI

Puntuación

1

López Pumarega, Sonia

***9774**

23,45