Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 179 Venres, 20 de setembro de 2019 Páx. 40768

V. Administración de xustiza

Tribunal Superior de Xustiza de Galicia (Sala do Social)

EDICTO (RSU 4953/2017-RJ).

Tipo e número de recurso: RSU. Recurso de suplicación 4953/2017-RJ.

Xulgado de orixe/autos: procedemento ordinario 49/2015. Xulgado do Social número 4 da Coruña.

Recorrente: Francisco Pardo Alvite.

Avogada: María José Domínguez Rivas.

Recorridos: Fogasa, Electrónica Radar, S.L.

Avogado/a: letrado/a de Fogasa.

Eu, María Socorro Bazarra Varela, letrada da Administración de xustiza da Sala do Social do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, fago saber que no recurso de suplicación 4953/2017 desta sala do social, seguido por instancia de Francisco Pardo Alvite contra Fondo de Garantía Salarial (Fogasa) e Electrónica Radar, S.L., sobre reclamación de cantidade, se ditou dilixencia de ordenación pola que se acorda notificarlles ás partes que non compareceron o auto ditado polo Tribunal Supremo en que se resolve o recurso de casación para a unificación da doutrina interposto no seu día:

«Parte dispositiva. A Sala acorda declarar a inadmisión do recurso de casación para a unificación de doutrina interposto pola letrada María José Domínguez Rivas, en nome e representación de Francisco Pardo Alvite, contra a Sentenza ditada pola Sala do Social do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, do 13 de marzo de 2018, no recurso de suplicación número 4953/2017, interposto por Francisco Pardo Alvite contra a Sentenza ditada polo Xulgado do Social número 4 dos da Coruña, do 20 de xullo de 2017, no procedemento nº 49/2015, seguido por instancia de Francisco Pardo Alvite contra Electrónica Radar, S.L. e o Fondo de Garantía Salarial (Fogasa), sobre reclamación de cantidade. Declárase a firmeza da sentenza impugnada, sen imposición de custas á parte recorrente. Contra este auto non cabe ningún recurso».

Para que sirva de notificación en legal forma á empresa Electrónica Radar, S.L., en ignorado paradoiro, expido este edicto para a súa inserción no Diario Oficial de Galicia.

Advírteselle á destinataria que as seguintes comunicacións se farán fixando copia da resolución ou da cédula no taboleiro de anuncios da oficina xudicial, salvo no suposto da comunicación das resolucións que deban revestir forma de auto ou sentenza, ou cando se trate de emprazamento.

A Coruña, 2 de setembro de 2019

A letrada da Administración de xustiza