Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 179 Venres, 20 de setembro de 2019 Páx. 40770

V. Administración de xustiza

Xulgado de Primeira Instancia e Instrución número 2 do Porriño

EDICTO (298/2018).

Lucía García González, letrada da Administración de xustiza do Xulgado de Primeira Instancia e Instrución número 2 do Porriño, polo presente anuncio:

No presente procedemento seguido por instancia de José Romero Fernández fronte a Tatiana Braga Gabriel ditouse sentenza cuxo encabezamento e parte dispositiva se xunta:

«O Porriño, 23 de maio de 2019.

Vistos por min, María del Mar Pais Bonamusa, xuíza substituta do Xulgado de Primeira Instancia e Instrución número 2 do Porriño e o seu partido, os presentes autos de xuízo de divorcio contencioso número 298/2018, en que é demandante José Romero Fernández, representado pola procuradora Sra. Fernández Barbosa e baixo a dirección letrada de Mª Margarita Darriba Cibeira, e demandada Tatiana Braga Gabriel, en situación procesual de rebeldía, en virtude das facultades que me confire a Constitución dito a seguinte sentenza

(Seguen antecedentes de feito e fundamentos de dereito)

Decido que, estimando a demanda de divorcio interposta pola procuradora Sra. Fernández Barbosa, en nome e representación de José Romero Fernández, fronte a Tatiana Braga Gabriel, en situación procesual de rebeldía, debo declarar e declaro a disolución por divorcio do matrimonio formado por ambos celebrado o día 4 de setembro de 2010 e inscrito no Rexistro Civil de Salceda de Caselas no tomo 23, páxina 039 da Sección 2ª, cos efectos legais derivados de tal declaración.

Non se fai pronunciamento sobre as custas causadas».

E encontrándose a devandita demandada, Tatiana Braga Gabriel, en paradoiro descoñecido, expídese o presente edicto co fin de que sirva de notificación en forma a esta.

O Porriño, 2 de setembro de 2019

A letrada da Administración de xustiza