Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 179 Venres, 20 de setembro de 2019 Páx. 40692

III. Outras disposicións

Escola Galega de Administración Pública

RESOLUCIÓN do 13 de setembro de 2019 pola que se convocan cursos na área de incendios forestais da Comunidade Autónoma de Galicia.

De acordo co Convenio de colaboración subscrito con data do 15 de xaneiro de 2019, entre a Escola Galega de Administración Pública (en diante, EGAP) e o Colexio Oficial de Enxeñeiros Técnicos Forestais de Galicia, para o desenvolvemento de actividades de formación, divulgación e investigación,

RESOLVO:

Convocar os cursos que figuran no anexo II, que deberán desenvolverse segundo as bases detalladas no anexo I.

Santiago de Compostela, 13 de setembro de 2019

Sonia Rodríguez-Campos González
Directora da Escola Galega de Administración Pública

ANEXO I

Primeira. Requisitos do persoal participante

Poderán participar nas accións formativas convocadas nesta resolución os/as empregados/as públicos/as da Administración pública da Comunidade Autónoma, das entidades públicas instrumentais, das entidades locais así como profesionais interesados na área de incendios forestais da Comunidade Autónoma de Galicia que se encontren en situación de servizo activo, permiso por maternidade ou paternidade, adopción ou acollemento ou excedencia polo coidado dun/dunha fillo/a ou familiar e que reúnan os requisitos establecidos nesta convocatoria e para cada un dos casos no anexo II.

Segunda. Desenvolvemento das actividades de formación

As actividades formativas realizaranse cos requirimentos, a duración e as condicións que para estas actividades se indique na convocatoria. A información relativa ao desenvolvemento das actividades, así como as súas posibles modificacións, será actualizada e ampliada na páxina web <https://egap.xunta.gal>.

Terceira. Solicitudes e prazos

1. O prazo de presentación de solicitudes será de vinte días contados a partir do seguinte ao da publicación desta resolución no Diario Oficial de Galicia.

2. As solicitudes de participación nas actividades formativas só poderán realizarse mediante o formulario de matrícula telemática dispoñible no enderezo <https://egap.xunta.gal/matricula> desde as 8.00 horas da data de inicio do prazo de presentación de solicitudes e ata as 23.55 horas da data de finalización. As solicitudes entenderanse presentadas unha vez que se complete correctamente o proceso de matriculación.

3. Serán excluídas automaticamente aquelas solicitudes que non se axusten ao formulario de solicitude, non teñan cubertos correctamente os datos precisos para a realización do proceso de selección ou sexan presentadas fóra de prazo.

4. As persoas que oculten ou falseen datos esenciais para a selección serán automaticamente excluídas das actividades solicitadas e pasarán ao final das listas de todas as actividades formativas que soliciten e cuxo prazo de matrícula comece dentro do ano seguinte contado desde que se detecte o feito.

5. As persoas interesadas en recibir mensaxes sobre o proceso de selección deberán facilitar un enderezo de correo electrónico e/ou un número de teléfono móbil.

6. As persoas que necesiten acreditar circunstancias específicas (discapacidade, permiso de maternidade, etc.) de acordo cos criterios de selección poderán remitirlle á EGAP a correspondente documentación complementaria, xunto cunha copia do formulario da matrícula, ou ao enderezo de correo electrónico <xestion.egap@xunta.gal>, sen prexuízo do previsto no artigo 16.4 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas (BOE núm. 236, do 2 de outubro). A devandita documentación deberá enviarse por unha única das vías indicadas; no caso contrario só serán considerados os datos achegados por correo electrónico. A documentación deberá presentarse dentro do prazo sinalado no punto 1 desta base.

7. A EGAP adoptará as medidas necesarias para facilitar a presentación das solicitudes. As dúbidas, as dificultades técnicas e as peticións de información complementaria serán atendidas a través dos números de teléfono 981 54 62 57, 981 54 63 35 e do enderezo de correo electrónico <xestion.egap@xunta.gal>.

Cuarta. Criterios de selección

O criterio de selección será por estrita orde de inscrición, reservarase o 50 % das prazas ao persoal das distintas administracións públicas da Comunidade Autónoma de Galicia.

Quinta. Publicación da relación do alumnado seleccionado

1. A EGAP publicará no enderezo <https://egap.xunta.gal> unha relación das persoas seleccionadas para participar no dito curso, así como un número adecuado de reservas de acordo co disposto no artigo 45.1.b) da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas (BOE núm. 236, do 2 de outubro).

O prazo de presentación de alegacións será de dez días desde a súa publicación de acordo co artigo 68.1 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas.

Entenderase que as persoas que non figuren na relación foron excluídas por algunha das razóns expresadas nas bases da convocatoria ou ocupan un posto máis afastado na listaxe de agarda.

2. Transcorrido o prazo de alegacións, a EGAP publicará no enderezo <https://egap.xunta.gal> a listaxe definitiva de persoas admitidas no curso. Contra esta listaxe poderase interpoñer recurso de alzada no prazo dun mes desde a dita publicación, de acordo co disposto polos artigos 112.1, 121 e 122 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas.

Sexta. Cambios ou substitucións na selección, renuncia e asistencia

1. Os cambios ou as substitucións na selección:

En ningún caso serán admitidos cambios ou substitucións entre as persoas seleccionadas.

2. A renuncia:

a) As persoas seleccionadas só poderán renunciar á actividade formativa:

– Por causa de forza maior suficientemente acreditada.

– Por necesidades do servizo debidamente motivadas por parte dos/as responsables dos centros directivos.

– Por outras causas xustificadas documentalmente.

b) A renuncia debe ser comunicada por escrito á EGAP cunha antelación mínima de tres días anteriores ao inicio da actividade formativa. Na páxina web da escola está dispoñible un modelo de renuncia.

Para isto poderase utilizar, alén do previsto no artigo 16.4 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas (BOE núm. 236, do 2 de outubro) o enderezo de correo electrónico <xestion.egap@xunta.gal>.

c) As persoas que incumpran o previsto nas letras a) e b) pasarán ao final das listaxes de espera de todas as actividades formativas que soliciten e cuxo prazo de matrícula comece dentro do ano seguinte contado a partir do día da finalización desta actividade.

3. Asistencia e puntualidade:

a) Son obrigatorias a asistencia ás sesións da actividade formativa e mais a puntualidade.

b) Durante a actividade formativa terá lugar un control permanente de asistencia e puntualidade, incluídos controis extraordinarios.

c) As faltas de asistencia nas actividades presenciais:

1. Non poden superar en ningún caso o 10 % das horas lectivas presenciais. En todo caso, as faltas de asistencia deberán xustificarse documentalmente ante as persoas responsables da actividade formativa nun prazo máximo de 10 días contados a partir do día da finalización desta actividade. As persoas que incumpran o antedito perderán o dereito ao certificado de participación na actividade formativa.

2. Aquelas persoas cuxas faltas de asistencia superen o 50 % das horas lectivas presenciais, pasarán ao final das listaxes de agarda de todas as actividades formativas que soliciten e cuxo prazo de matrícula comece dentro do ano seguinte contado a partir do día da finalización desta actividade.

Sétima. Realización de probas

Para poder superar as actividades de formación, o alumnado deberá superar unha proba de avaliación que se realizará ao final delas.

Oitava. Certificados

Para a obtención do certificado de aproveitamento o alumnado deberá obter a avaliación positiva do seu profesorado, o cal emitirá un informe en que declare apto/a ou non apto/a cada alumno/a en función do resultado da proba de avaliación.

Novena. Facultades da EGAP

1. A EGAP e o Colexio Oficial de Enxeñeiros Técnicos Forestais de Galicia poderán modificar o desenvolvemento, as datas e os lugares da actividade formativa, así como resolver todas as continxencias que poidan xurdir.

2. No suposto de que o número de admitidos/as sexa inferior ao 50 % das prazas convocadas, a EGAP e o Colexio Oficial de Enxeñeiros Técnicos Forestais de Galicia resérvanse o dereito a suspender, cancelar ou agrupar varias edicións das actividades, caso en que empregará os medios de notificación ás persoas interesadas previstos na normativa vixente.

3. A EGAP e o Colexio Oficial de Enxeñeiros Técnicos Forestais de Galicia garantirán na totalidade das actividades derivadas desta convocatoria a promoción da igualdade real e efectiva entre mulleres e homes, a eliminación de calquera tipo de discriminación e o fomento dos dereitos de conciliación.

ANEXO II

• Código: CV19025.

Curso de incendios forestais: categoría xefe/a de brigada.

1. Obxectivos.

Dotar aos asistentes dos coñecementos e habilidades necesarios para desenvolver as funcións e competencias profesionais en materia de prevención e extinción de incendios forestais na categoría de xefe de brigada.

2. Destinatarios/as.

Persoal laboral da Administración pública da Comunidade Autónoma, das entidades públicas instrumentais, das entidades locais así como profesionais interesados na área de incendios forestais da Comunidade Autónoma de Galicia como persoas que aspiren a un posto de traballo nestes departamentos.

3. Desenvolvemento.

Modalidade: presencial.

Duración: 22,5 horas.

Lugar e datas:

Santiago de Compostela: Escola Galega de Administración Pública, rúa Madrid, nº 2-4, do 21 ao 25 de outubro de 2019. Proba final presencial: o día 25 de outubro ás 19.30 horas.

Horario: 16.00 a 20.30 horas.

Prazas: 50.

4. Contido.

Plan de prevención e defensa contra incendios forestais de Galicia (Pladiga) e normativa de aplicación.

Conceptos básicos do lume.

O comportamento do lume.

Traballos de prevención e extinción.

Ferramentas e Maquinaria.

Medios aéreos de extinción.

Comunicacións en incendios forestais.

Xestión de equipos de traballo.

Conceptos básicos de primeiros auxilios.

Protocolos básicos de seguridade.

Prevención de riscos laborais: EPI/riscos (ferramentas, vehículos, outros).

Análise de situacións reais e de accidentes (casos prácticos).

• Código: CV19021.

Curso de incendios forestais: categoría condutor/a de motobomba.

1. Obxectivos.

Dotar aos asistentes dos coñecemento e habilidades necesarios para desenvolver as funcións e competencias profesionais en materia de prevención e extinción de incendios forestais na categoría de condutor/a de motobomba.

2. Destinatarios/as.

Persoal laboral da Administración pública da Comunidade Autónoma, das entidades públicas instrumentais, das entidades locais así como profesionais interesados na área de incendios forestais da Comunidade Autónoma de Galicia como persoas que aspiren a un posto de traballo nestes departamentos.

3. Desenvolvemento.

Modalidade: presencial.

Duración: 22,5 horas.

Lugar e datas:

Santiago de Compostela: Escola Galega de Administración Pública, rúa Madrid, nº 2-4, do 4 ao 8 de novembro de 2019. Proba final presencial: o día 8 de novembro ás 19.30 horas.

Horario: 16.00 a 20.30 horas.

Prazas: 50.

4. Contido.

Plan de prevención e defensa contra incendios forestais de Galicia (Pladiga) e normativa de aplicación.

Conceptos básicos do lume.

O comportamento do lume.

Traballos de prevención e extinción.

Dispositivos e medios de extinción.

Cartografía e GPS.

A motobomba (mecánica e manexo), riscos específicos asociados.

Manobra de autoprotección.

O uso de aditivos e retardantes.

Comunicacións dentro e fóra da cabina.

Conceptos básicos de primeiros auxilios.

Protocolos básicos de seguridade.

Prevención de riscos laborais: EPI/riscos (ferramentas, vehículos, outros).

Análise de situacións reais e de accidentes (casos prácticos).

• Código: CV19022.

Curso de incendios forestais: categoría de emisorista.

1. Obxectivos.

Dotar ao asistentes dos coñecementos e habilidades necesarios para desenvolver as funcións e competencias profesionais en materia de prevención e extinción de incendios forestais na categoría de emisorista.

2. Destinatarios/as.

Persoal laboral da Administración pública da Comunidade Autónoma, das entidades públicas instrumentais, das entidades locais así como profesionais interesados na área de incendios forestais da Comunidade Autónoma de Galicia como persoas que aspiren a un posto de traballo nestes departamentos.

3. Desenvolvemento.

Modalidade: presencial.

Duración: 22,5 horas.

Lugar e datas:

Santiago de Compostela: Escola Galega de Administración Pública, rúa Madrid, nº 2-4, do 11 ao 15 de novembro de 2019. Proba final presencial: o día 15 de novembro ás 19.30 horas.

Horario: 16.00 a 20.30 horas.

Prazas: 50.

4. Contido.

Plan de prevención e defensa contra incendios forestais de Galicia (Pladiga) e normativa de aplicación.

Conceptos básicos do lume.

O comportamento do lume.

Traballos de prevención e extinción.

Dispositivos e medios de extinción.

Cartografía e GPS.

Os centros de coordinación.

Tipos de emisoras e funcionamento.

As comunicacións nos incendios forestais.

Aplicacións informáticas do SPDCIF.

Organización do traballo.

Conceptos básicos de primeiros auxilios.

Protocolos básicos de seguridade.

Prevención de riscos laborais.

Análise de situacións reais e de accidentes (casos prácticos).

• Código: CV19023.

Curso de incendios forestais: categoría de técnico/a de base.

1. Obxectivos.

Dotar aos asistentes dos coñecementos e habilidades necesarios para desenvolver as funcións e competencias profesionais en materia de prevención e extinción de incendios forestais na categoría de técnico de base.

2. Destinatarios/as.

Persoal laboral da Administración pública da Comunidade Autónoma, das entidades públicas instrumentais, das entidades locais así como profesionais interesados na área de incendios forestais da Comunidade Autónoma de Galicia como persoas que aspiren a un posto de traballo nestes departamentos.

3. Desenvolvemento.

Modalidade: presencial.

Duración: 22,5 horas.

Lugar e datas:

Santiago de Compostela: Escola Galega de Administración Pública, rúa Madrid, nº 2-4, do 18 ao 22 de novembro de 2019. Proba final presencial: o día 22 de novembro ás 19.30 horas.

Horario: 16.00 a 20.30 horas.

Prazas: 50.

4. Contido.

Plan de prevención e defensa contra incendios forestais de Galicia (Pladiga) e normativa de aplicación.

Conceptos básicos do lume.

O comportamento do lume.

Traballos de prevención e extinción.

Ferramentas e maquinaria.

Medios aéreos de extinción.

Comunicacións en incendios forestais.

Organización, xestión e coordinación de persoal e medios dispoñibles.

Xestión de equipos de traballo.

Conceptos básicos de primeiros auxilios.

Protocolos básicos de seguridade.

Prevención de riscos laborais: EPI/riscos (ferramentas, vehículos, outros).

Análise de situacións reais e de accidentes (casos prácticos).

• Código: CV19024.

Curso de incendios forestais: categoría de técnico/a de brigada helitransportada.

1. Obxectivos.

Dotar aos asistentes dos coñecementos e habilidades necesarios para desenvolver as funcións e competencias profesionais en materia de prevención e extinción de incendios forestais na categoría de técnico de base de brigada helitransportada.

2. Destinatarios/as.

Persoal laboral da Administración pública da Comunidade Autónoma, das entidades públicas instrumentais, das entidades locais así como profesionais interesados na área de incendios forestais da Comunidade Autónoma de Galicia como persoas que aspiren a un posto de traballo nestes departamentos.

3. Desenvolvemento.

Modalidade: presencial.

Duración: 22,5 horas.

Lugar e datas:

Santiago de Compostela: Escola Galega de Administración Pública, rúa Madrid, nº 2-4, do 25 ao 29 de novembro de 2019. Proba final presencial: o día 29 de novembro ás 19.30 horas.

Horario: 16.00 a 20.30 horas.

Prazas: 50.

4. Contido.

Plan de prevención e defensa contra incendios forestais de Galicia (Pladiga) e normativa de aplicación.

Conceptos básicos do lume.

O comportamento do lume.

Traballos de prevención e extinción.

Dispositivos e medios de extinción.

Medios aéreos: tipos e coordinación de operacións.

Manual de operacións de medios aéreos.

Comunicacións.

A base de helicópteros e a súa organización.

A brigada e as súas funcións.

Xestión de equipos de traballo.

Conceptos básicos de primeiros auxilios.

Protocolos básicos de seguridade.

Planificación da seguridade e prevención de riscos laborais.

Análise de situacións reais e de accidentes (casos prácticos)