Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 180 Luns, 23 de setembro de 2019 Páx. 40874

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 3 de Santiago de Compostela

EDICTO (637/2017).

Eu, María Iria Román Vidarte, letrada da Administración de xustiza do Xulgado do Social número 3 de Santiago de Compostela, fago saber que no procedemento ordinario 637/2017 deste xulgado do social, seguido por instancia de Vanessa Vilariño Quinteiro, se ditou a seguinte resolución:

Elena Calleja Curros, maxistrada xuíza do Xulgado do Social número 3, tras ter visto o presente procedemento ordinario 637/2017 por instancia de Vanessa Vilariño Quinteiro, contra Santiago Ferreira, S.L. e Fogasa, en nome de el rei, pronunciou a seguinte sentenza.

Resolución:

Estímase integramente a demanda presentada pola parte demandante fronte a Santiago Ferreira, S.L., e condénase a demandada ao aboamento de 3.803,52 euros máis os xuros de demora do artigo 29.3 ET. Todo iso sen expresa imposición das custas procesuais.

E para que sirva de notificación en legal forma a Santiago Ferreira, S.L., en ignorado paradoiro, expido o presente para a súa inserción no Diario Oficial de Galicia.

Advírtese a destinataria que as seguintes comunicacións se farán fixando copia da resolución ou da cédula no taboleiro de anuncios da oficina xudicial, salvo o suposto da comunicación das resolucións que sexan auto ou sentenza, ou cando se trate de emprazamento.

Santiago de Compostela, 2 de setembro de 2019

A letrada da Administración de xustiza