Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 180 Luns, 23 de setembro de 2019 Páx. 40861

III. Outras disposicións

Instituto Galego do Consumo e da Competencia

EXTRACTO da Resolución do 5 de setembro de 2019 pola que se convoca e se regula a concesión de axudas, en réxime de concorrencia non competitiva para o ano 2019, ás asociacións de consumidores da Comunidade Autónoma de Galicia, para actividades de sensibilización, formación e divulgación en materia de comercio electrónico seguro (código de procedemento CO400A).

BDNS (Identif.): 473614.

De conformidade co previsto nos artigos 17.3.b) e 20.8.a) da Lei 38/2003, do 17 de novembro, xeral de subvencións, publícase o extracto da convocatoria cuxo texto completo se pode consultar na Base de datos nacional de subvencións (http://www.pap.minhap.gob.es/bdnstrans/index).

Primeiro. Entidades beneficiarias

Poderán ser beneficiarias destas axudas as asociacións de consumidores que estean legalmente constituídas e inscritas, no momento de publicarse esta resolución no Diario Oficial de Galicia, na sección xeral do Rexistro de Organizacións de Persoas Consumidoras e Usuarias de Galicia a que se refire o Decreto 95/1984, do 24 de maio.

Segundo. Obxecto

As axudas reguladas nestas bases teñen por obxecto a realización por parte das asociacións de consumidores inscritas na sección xeral do Rexistro de Organizacións de Persoas Consumidoras e Usuarias de Galicia dun programa de actividades de sensibilización, formación e divulgación en materia de comercio electrónico seguro coas especificidades que se establecen no artigo 2 destas bases.

Terceiro. Bases reguladoras

Resolución do 5 de setembro de 2019 pola que se convoca e se regula a concesión de axudas, en réxime de concorrencia non competitiva para o ano 2019, ás asociacións de consumidores da Comunidade Autónoma de Galicia, para actividades de sensibilización, formación e divulgación en materia de comercio electrónico seguro (código de procedemento CO400A).

Cuarto. Importe

O Instituto Galego do Consumo e da Competencia concederá axudas ás asociacións de consumidores de Galicia por un importe total de 12.000 euros, con cargo á aplicación orzamentaria 09.80.613A.781.0 do orzamento do Instituto Galego do Consumo e da Competencia para o ano 2019.

Quinto. Prazo de presentación de solicitudes

O prazo para a presentación das solicitudes comezará o día seguinte ao da publicación desta orde no DOG e rematará cando se esgoten os fondos económicos consignados. En todo caso, finalizará no prazo dun mes contado desde o día seguinte ao da súa publicación no DOG.

Santiago de Compostela, 5 de setembro de 2019

Sol Mª Vázquez Abeal
Directora do Instituto Galego do Consumo e da Competencia