Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 180 Luns, 23 de setembro de 2019 Páx. 40864

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 3 da Coruña

EDICTO (191/2017).

Eu, Rosana Corral García, letrada da Administración de xustiza do Xulgado do Social número 3 da Coruña, fago saber que no procedemento sobre seguridade social 191/2017 deste xulgado do social, seguido por instancia de Fremap Mutua Colaboradora coa Seguridade Social número 61 contra Café Bar Buscoruña, S.L., Tesouraría Xeral da Seguridade Social, Instituto Nacional da Seguridade Social sobre seguridade social, se ditou resolución de data do 31.7.2019 contra a cal non cabe recurso de suplicación por razón da contía, sen prexuízo do disposto no artigo 191.3 de LRXS.

E para que sirva de notificación en legal forma a Café Bar Buscoruña, S.L., expido o presente edicto para a súa inserción no Diario Oficial de Galicia.

Advírteselle a destinataria que as seguintes comunicacións se farán fixando copia da resolución ou da cédula no taboleiro de anuncios da oficina xudicial, salvo o suposto da comunicación das resolucións que sexan auto ou sentenza, ou cando se trate de emprazamento.

A Coruña, 2 de setembro de 2019

A letrada da Administración de xustiza