Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 180 Luns, 23 de setembro de 2019 Páx. 40868

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 1 de Santiago de Compostela

EDICTO (758/2018).

Eu, María Iria Román Vidarte, letrada da Administración de xustiza do xulgado do social número 1 de Santiago de Compostela, fago saber que por resolución ditada no día da data, no proceso seguido a instancia de Óscar Garaboa Liste contra Prosegur Servicios Integrales de Seguridad España, S.L., Segur Ibérica, S.A., en reclamación por ordinario, rexistrado co nº de procedemento ordinario 758/2018 acordouse, en cumprimento do que dispón o artigo 59 da LXS, citar a Segur Ibérica, S.A., en ignorado paradoiro, co fin de que compareza o día 29.10.2019, ás 10.15 horas, na plante baixa, sala 1, Edicio na rúa Berlín, para a celebración dos actos de conciliación e, de ser o caso, xuízo. Poderá comparecer persoalmente ou mediante persoa legalmente apoderada, e que deberá acudir con todos os medios de proba de que intente valerse, coa advertencia de que é única convocatoria e que os devanditos actos non se suspenderán por falta inxustificada de asistencia.

Advírtese a destinataria que as seguintes comunicacións se farán fixando copia da resolución ou da cédula no taboleiro de anuncios da oficina xudicial, salvo o suposto da comunicación das resolucións que sexan auto ou sentenza, ou cando se trate de emprazamento.

En caso de que pretenda comparecer ao acto do xuízo asistida de avogado ou representada tecnicamente por graduado social colexiado, ou representada por procurador, poñerá esta circunstancia en coñecemento do xulgado ou tribunal por escrito, dentro dos dous días seguintes ao da súa citación para o xuízo, co obxecto de que, trasladada tal intención ao demandante, poida estar este representado tecnicamente por graduado social colexiado, ou representado por procurador, designar avogado noutro prazo igual ou solicitar a súa designación a través da quenda de oficio. A falta de cumprimento destes requisitos supón a renuncia da parte ao dereito de valerse no acto de xuízo de avogado, procurador ou graduado social colexiado.

E para que sirva de citación a Segur Ibérica, S.A., expídese a presente cédula para a súa publicación no Diario Oficial de Galicia e colocación no taboleiro de anuncios.

Santiago de Compostela, 2 de setembro de 2019

A letrada da Administración de xustiza