Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 181 Martes, 24 de setembro de 2019 Páx. 42256

IV. Oposicións e concursos

Consellería de Facenda

RESOLUCIÓN do 16 de setembro de 2019, do tribunal encargado de cualificar o proceso selectivo para o ingreso, promoción interna e cambio de categoría, na categoría 033 (bombeiro/a forestal condutor/a de motobomba) do grupo IV de persoal laboral fixo da Xunta de Galicia, convocado pola Orde do 18 de setembro de 2017 (Diario Oficial de Galicia número 182, do 25 de setembro).

Na sesión que tivo lugar o día 16 de setembro de 2019, o tribunal nomeado pola Orde do 17 de decembro de 2018 (DOG núm. 4, do 7 de xaneiro), modificada polas ordes do 7 de febreiro de 2019 (DOG núm. 33, do 15 de febreiro), 1 de marzo de 2019 (DOG núm. 49, do 11 de marzo) e 8 de abril de 2019 (DOG núm. 75, do 17 de abril), acordou, de conformidade co disposto nas bases da convocatoria, adoptar os seguintes acordos:

Primeiro. De acordo co establecido na base II.1.1.3 da convocatoria, todas as persoas aspirantes que superaron o primeiro exercicio, están exentos da realización do terceiro exercicio, por ter acreditado, consonte as bases da convocatoria, estar en posesión do Celga 3 ou equivalente debidamente homologado polo órgano competente en materia de política lingüística da Xunta de Galicia, de acordo coa disposición adicional segunda da Orde do 16 de xullo de 2007 (DOG núm. 146, do 30 de xullo), modificada pola Orde do 10 de febreiro de 2014 (DOG núm. 34, do 19 de febreiro) pola que se regulan os certificados oficiais acreditativos dos niveis de coñecemento da lingua galega.

Segundo. De acordo co establecido na base II.1.1.2 da convocatoria, con carácter previo á realización do segundo exercicio, as persoas aspirantes deberán achegar á Dirección Xeral da Función Pública, no prazo máximo de 10 días, a partir da publicación desta resolución no Diario Oficial de Galicia, un certificado médico oficial ou informe sobre o seu estado de saúde, asinado por un colexiado en exercicio, en que se faga constar:

«que non presenta enfermidade ou discapacidade que impida o correcto desenvolvemento dunha proba de esforzo físico».

O dito certificado deberá ter unha antigüidade máxima de 3 meses respecto da data de realización da proba. Non serán tidos en conta aqueles certificados que non indiquen o sinalado anteriormente.

Terceiro. Así mesmo, unha vez verificados os certificados citados no parágrafo anterior, convocarase ás persoas aspirantes a unha proba física.

Cuarto. De acordo co disposto na base III.13, contra esta resolución poderase interpoñer recurso de alzada ante o conselleiro competente en materia de Función Pública nos termos previstos nos artigos 121 e 122 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas.

Santiago de Compostela, 16 de setembro de 2019

Ángel Romero Baleirón
Presidente do tribunal