Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 181 Martes, 24 de setembro de 2019 Páx. 42313

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Axencia Turismo de Galicia

CÉDULA do 12 de setembro de 2019, da Área Provincial de Turismo de Pontevedra, pola que se lles dá audiencia aos interesados no procedemento de baixa e cancelación da inscrición no Rexistro de Empresas e Actividades Turísticas da Comunidade Autónoma de Galicia.

De conformidade co disposto nos artigos 44 e 82 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, notifícaselles e outórgaselles audiencia aos titulares dos establecementos que no anexo se mencionan, no procedemento de baixa e cancelación da inscrición no Rexistro de Empresas e Actividades Turísticas da Comunidade Autónoma de Galicia.

Mediante a visita da inspección comprobouse que nos establecementos que se relacionan no anexo non se realiza nin exerce a actividade turística.

Considerando que nos expedientes non consta ningunha comunicación do cesamento da actividade, esta área provincial acordou, ao abeiro do establecido no artigo 46 da Lei 7/2011, do 27 de outubro, do turismo de Galicia, e no artigo 17 do Decreto 82/1987, do 26 de marzo, polo que se crea o Rexistro de Empresas e Actividades Turísticas da Comunidade Autónoma de Galicia, iniciar o expediente de baixa de oficio dos establecementos relacionados no anexo.

O que se lles notifica aos titulares dos establecementos referidos no dito anexo para que, no prazo de quince (15) días, poidan efectuar as alegacións que xulguen pertinentes, poderán examinar o expediente e obter copias dos documentos contidos nel na Área Provincial da Axencia Turismo de Galicia de Pontevedra.

Pontevedra, 12 de setembro de 2019

A xefa da Área Provincial de Turismo de Pontevedra
P.S. (Resolución do 29.3.2019)
María José Echevarría Moreno
Xefa territorial de Pontevedra

ANEXO

Establecemento: Stork Club.

Signatura: V-PO-001262.

Razón social: Ramón Quirós Ferraz.

Domicilio: Isaac Peral, sn.

Concello: Vigo.

Establecemento: Tapería A Coura.

Signatura: V-PO-007577.

Razón social: Dolores Sanromán López.

Domicilio: rúa Rans, 34, A Praia América-A Ramallosa.

Concello: Nigrán.

Establecemento: Arenal.

Signatura: V-PO-001422.

Razón social: Hortensia González Guijuelo.

Domicilio: Isaac Peral, 2.

Concello: Vigo.