A Axencia Turismo de Galicia está a tramitar o Proxecto de decreto do turismo activo na Comunidade Autónoma de Galicia.
Na súa virtude, de conformidade co disposto no artigo 42.3 da Lei 16/2010, do 17 de decembro, de organización e funcionamento da Administración xeral e do sector público autonómico de Galicia,
ACORDO:
Primeiro. Someter a información pública, por un prazo de quince días hábiles contados desde o día seguinte ao da publicación deste anuncio, o Proxecto de decreto do turismo activo na Comunidade Autónoma de Galicia.
Segundo. O texto do proxecto de decreto poderá consultarse no Portal de transparencia e goberno aberto da Xunta de Galicia, no seguinte enlace:
https://transparencia.xunta.gal/tema/informacion-de-relevancia-xuridica/normativa-en-tramitacion/en-prazo-de-envio-de-suxestions
Terceiro. As persoas físicas e xurídicas interesadas e a cidadanía, en xeral, poden facer as proposicións, as suxestións ou as recomendacións que consideren oportunas a este proxecto de decreto, a través do formulario disposto para este fin na ligazón do portal de transparencia da Xunta de Galicia indicado no punto segundo deste anuncio ou mediante a presentación de escrito, en calquera dos lugares previstos no artigo 16.4 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, dirixido á Axencia Turismo de Galicia, A Barcia, estrada Santiago-Noia, km 3, 15897 Santiago de Compostela.
Santiago de Compostela, 27 de agosto de 2019
A directora da Axencia Turismo de Galicia
P.A. (Art. 19.6 do Decreto 196/2012, do 27 de setembro,
DOG núm. 193, do 9 de outubro)
Mª Elena Barca Ramos
Xerente da Axencia Turismo de Galicia