En cumprimento do previsto no artigo 22.3 da Lei 3/2007, do 9 de abril, de prevención e defensa contra os incendios forestais de Galicia:
«3. Cando non se poida determinar a identidade da persoa responsable da xestión da biomasa vexetal e retirada de especies arbóreas prohibidas ou resulte infrutuosa a notificación da comunicación a que se refire o número anterior, esta efectuarase mediante un anuncio no Boletín Oficial del Estado e no Diario Oficial de Galicia, no cal se incluirán os datos catastrais da parcela. Nestes supostos, o prazo para o cumprimento computarase desde a publicación do anuncio no Boletín Oficial del Estado».
Por non poderse efectuar a notificación ao ser descoñecido o propietario, faise público resolución de execución de orde de execución para xestión da biomasa vexetal, que esta alcaldía acordou no exercicio das súas atribucións. O interesado dispón do prazo de 1 mes, contado a partir do día seguinte ao da publicación do anuncio no BOE para executar a orde de xestión da biomasa vexetal. Faise advertencia, de que en caso de incumprimento da presente orde de execución, e de acordo co establecido no párrafo 4 do artigo 136 da Lei 2/2016, a Administración municipal procederá á execución subsidiaria, de acordo co establecido no artigo 22.4 da Lei 3/2007, do 9 de abril, de prevención e defensa contra os incendios forestais de Galicia.
Nº expte. |
Asunto |
Propietario/NIF |
Ref. catastral-Situación da parcela |
1122/2019 |
Xestión da biomasa vexetal e retirada de árbores prohibidas |
35451017J |
36005A045004140000TS sita en Aboi-Santo André |
Recursos: contra a presente resolución, que pon fin á vía administrativa, pode interpoñer, alternativamente, o recurso de reposición potestativo ante o alcalde deste concello, no prazo dun mes contado desde o día seguiente á recepción desta notificación, de conformidade cos artigos 123 e 124 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, ou ben interpoñer directamente recurso contencioso-administrativo, ante o Xulgado do Contencioso-Administrativo de Pontevedra, no prazo de dous meses contado desde o día seguinte á recepción da presente notificación, de conformidade co artigo 46 da Lei da xurisdición contencioso-administrativa. Se se optara por interpoñer o recurso de reposición potestativo, non poderá interponer recurso contencioso-administrativo ata que aquel sexa resolto expresamente ou se producise a súa desestimación por silencio.
De interpoñerse o recurso potestativo de reposición, este deberá ser resolto e notificado no prazo dun mes, segundo establece o artigo 124.2 da referida Lei 39/2015, entendéndose desestimado o recurso de reposición polo transcurso do mencionado prazo sen resolución expresa notificada, de conformidade co establecido no artigo 126.3 do mesmo texto legal. Os interesados poderán, entón, interpoñer o recurso contencioso-administrativo dentro do prazo de seis meses, contado desde o día seguinte a aquel en que deba entenderse presuntamente desestimado o recurso de reposición interposto, conforme o establecido na Lei de xurisdición contencioso-administrativa.
Caldas de Reis, 4 de setembro de 2019
Juan Manuel Rey Rey
Alcalde presidente