Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 181 Martes, 24 de setembro de 2019 Páx. 42322

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello de Celanova

ANUNCIO de requirimento de xestión de biomasa (expediente 899/2018).

Intentada a notificación da comunicación e o requirimento para lembrar o cumprimento da obriga de xestión da biomasa vexetal e retirada de especies arbóreas, imposta polo artigo 22.1 da Lei 3/2007, do 9 de abril, de prevención e defensa contra os incendios forestais de Galicia, en relación cos inmobles con referencias catastrais 32025A100001010000PD (número de DNI descoñecido) e 32025A100001070000PZ (número de DNI 76680411K), e ao non poderse efectuar á/ás persoa/s responsable/s, efectúase a dita notificación mediante a publicación deste anuncio no Diario Oficial de Galicia, para que produza os efectos legais previstos no artigo 44 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas.

A eficacia do acto notificado quedará demorada ata a publicación do pertinente anuncio no taboleiro de edictos único (TEU) do Boletín Oficial del Estado (BOE).

Así mesmo, ponse en coñecemento da/das persoa/s responsable/s que o contido íntegro da citada notificación, así como da totalidade do expediente administrativo nº 899/2018, está á súa disposición nas oficinas municipais do Concello de Celanova, situadas na Praza Maior, nº 1, das 9.00 ás 14.00 horas, os días laborables de luns a venres.

Celanova, 23 de agosto de 2019

Antonio Puga Rodríguez
Alcalde