Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 182 Mércores, 25 de setembro de 2019 Páx. 42487

III. Outras disposicións

Axencia Instituto Enerxético de Galicia

RESOLUCIÓN do 13 de setembro de 2019 pola que se lles dá publicidade aos convenios de colaboración subscritos no segundo cuadrimestre do ano 2019.

Para os efectos previstos no artigo 15.2 da Lei 1/2016, do 18 de xaneiro, de transparencia e bo goberno (DOG núm. 30, do 15 de febreiro), acórdase darlles publicidade aos convenios de colaboración subscritos polo Instituto Enerxético de Galicia (Inega) no segundo cuadrimestre do ano 2019 e que se relacionan no anexo a esta resolución.

Santiago de Compostela, 13 de setembro de 2019

Ángel Bernardo Tahoces
Director do Instituto Enerxético de Galicia

ANEXO

Nº: 1.

Título: Convenio de colaboración entre o Instituto Enerxético de Galicia (Inega) e o Instituto Tecnolóxico de Galicia (ITG) para a elaboración da documentación técnica necesaria para levar a cabo a definición e o deseño do proxecto do Ecobarrio de Elviña na Coruña.

Obxecto: realización dos traballos de elaboración da documentación técnica necesaria para levar a cabo as licitacións do proxecto do Ecobarrio de Elviña no concello da Coruña, consistentes nun proxecto integral de eficiencia enerxética, maior uso das enerxías renovables, redución do consumo de auga nos edificios e descarbonización no ámbito do barrio.

Sinatura: 5 de agosto de 2019.

Importe: 300.000,00 €.