Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 183 Xoves, 26 de setembro de 2019 Páx. 42684

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 1 de Lugo

EDICTO (PO 207/2017).

Eu, Sinesio Novo Fernández, letrado da Administración de xustiza do Xulgado do Social número 1 de Lugo, fago saber que no procedemento con número PO 207/2017 deste xulgado do social, seguido por instancia de Félix Díaz Díaz contra Pablo Barja Veiga e as entidades Castro Barredo, S.L. e Lineanorte Multiservicios, S.L., sobre reclamación de cantidade, se ditou sentenza cuxa resolución é a seguinte:

«Que estimando a demanda formulada por Félix Díaz Díaz contra a empresa Castro Barredo, S.L., Pablo Barja Veiga, Lineanorte Multiservicios, S.L., debo condenar e condeno os demandados a aboar ao demandante a cantidade de 2.980,02 euros, en concepto de salarios correspondentes aos meses de novembro e decembro de 2016 e atrasos segundo convenio; ás ditas cantidades seralles de aplicación unha recarga por mora do 10 % anual.

Notifíquese esta sentenza ás partes e advírtase de que é firme.

Así, por esta miña sentenza, da cal se levará testemuño aos autos, pronúncioo, mándoo e asínoo».

E para que sirva de notificación en forma a Lineanorte Multiservicios, S.L., en ignorado paradoiro, expido e asino este edicto para a súa inserción no Diario Oficial de Galicia.

Lugo, 5 de setembro de 2019

O letrado da Administración de xustiza