Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 184 Venres, 27 de setembro de 2019 Páx. 42939

IV. Oposicións e concursos

Consellería de Facenda

ORDE do 25 de setembro de 2019 pola que se modifica a composición do tribunal encargado de cualificar o proceso selectivo para o ingreso no corpo superior da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia, subgrupo A1, escala de sistemas e tecnoloxía da información.

Por Orde da Consellería de Facenda do 1 de marzo de 2018 (DOG núm. 47, do 7 de marzo), convocouse o proceso selectivo para o ingreso no corpo superior da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia, subgrupo A1, escala de sistemas e tecnoloxía da información.

Por Orde da Consellería de Facenda do 12 de xullo de 2019 (DOG núm. 137, do 19 de xullo), procedeuse ao nomeamento do tribunal encargado de cualificar o proceso selectivo.

Por circunstancias sobrevidas procédese á modificación da composición do dito tribunal cualificador, polo que esta consellería

DISPÓN:

Primeiro. Aceptar a renuncia de Gustavo Herva Iglesias como vogal suplente do dito tribunal e nomear no seu lugar a José Andrés Freire Dapena, persoal funcionario do corpo superior da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia, subgrupo A1, escala de sistemas e tecnoloxía da información.

Santiago de Compostela, 25 de setembro de 2019

Valeriano Martínez García
Conselleiro de Facenda