Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 184 Venres, 27 de setembro de 2019 Páx. 42940

IV. Oposicións e concursos

Consellería de Facenda

RESOLUCIÓN do 19 de setembro de 2019, do tribunal designado para xulgar o proceso selectivo para o ingreso, pola quenda de promoción interna, no corpo superior da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia, subgrupo A1, escala superior de finanzas, convocado pola Orde do 31 de marzo de 2017 (Diario Oficial de Galicia número 69, do 7 de abril), pola que se fan públicos a data, a hora e o lugar de realización do segundo exercicio do proceso selectivo.

Na sesión que tivo lugar o día 18 de setembro do 2019, o tribunal nomeado pola Orde do 31 de maio de 2019 (DOG núm. 107, do 7 de xuño) para cualificar o proceso selectivo para o ingreso, pola quenda de promoción interna, no corpo superior da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia, subgrupo A1, escala superior de finanzas, e de conformidade co disposto nas bases da convocatoria,

ACORDOU:

Primeiro. De conformidade co disposto na base II.1.1.2 da Orde da convocatoria, o segundo exercicio do proceso selectivo terá lugar o día 3 de outubro de 2019, a partir das 10.00 horas, no Seminario A, planta 1ª da Egap (Escola Galega de Administración Pública), sita na rúa de Madrid, 2, Santiago de Compostela.

Segundo. De conformidade coa dita base, convócanse para o segundo exercicio a todos os aspirantes no lugar, o día e a hora establecidos.

Terceiro. Os aspirantes deberán ir provistos de DNI ou documento fidedigno acreditativo da súa identidade, ao xuízo do tribunal. O chamamento dos aspirantes realizarase de acordo co disposto na base II.1.2.1 da convocatoria.

Santiago de Compostela, 19 de setembro de 2019

Regina Losada Trabada
Presidenta do tribunal