Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 184 Venres, 27 de setembro de 2019 Páx. 42996

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 3 de Santiago de Compostela

EDICTO (PO 825/2018).

Eu, María Iria Román Vidarte, letrada da Administración de xustiza do Xulgado do Social número 3 de Santiago de Compostela, fago saber que no procedemento ordinario 825/2018 deste xulgado do social, seguido por instancia de Santiago Carneiro Suárez contra Mercantil Prorenfo, S.L. sobre ordinario, se ditou a seguinte resolución:

Sentenza

En Santiago de Compostela, 2 de setembro de 2019

Sandra María Iglesias Barral, maxistrada do Xulgado do Social número 3 de Santiago de Compostela, tendo visto os presentes autos seguidos neste xulgado co número 825/2018 sendo parte nel, como demandante, Santiago Carneiro Suárez, asistido polo letrado Sr. Freijeiro Otero e, como demandado, Prorenfo, S.L., que non comparece pese á súa citación en legal forma, pronunciou esta sentenza, en nome do rei,

Resolvo

Estímase a demanda interposta por Santiago Carneiro Suárez fronte a Prorenfo, S.L. e, en consecuencia, condénase a parte demandada a aboar ao demandante a cantidade de 3.091,65 euros, más xuros por mora do 10 %.

Todo iso sen prexuízo da responsabilidade do Fogasa, de ser o caso.

E, para que sirva de notificación en legal forma a R. Legal de Prorenfo, S.L. en ignorado paradoiro, expido o presente edicto para a súa inserción no Diario Oficial de Galicia e no taboleiro de anuncios deste xulgado.

Advírteselle ao destinatario que as seguintes comunicacións se farán fixando copia da resolución ou da cédula no taboleiro de anuncios da oficina xudicial, salvo o suposto da comunicación das resolucións que deban revestir forma de auto ou sentenza, ou cando se trate de emprazamento.

Santiago de Compostela, 9 de setembro de 2019

A letrada da Administración de xustiza